miércoles, 23 de octubre de 2013

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola ratiños!
Como ben sabedes, o mes de outubro é o mes das Bibliotecas Escolares. O día 24 de outubro é o día escollido para rendir homenaxe a este recuncho tan especial dentro dos colexios.

Un ano máis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviounos o cartel conmemorativo para esta data. O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.


No cole celebraremos esta data o venres 25 de outubro, e estou impaciente por ver con que me sorprendedes. 

Saúdos de ratiño lector de libros científicos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario