Queridos lectores/as e familias:
Hoxe comezan as vacacións de Nadal, un tempo moi especial para descansar, desfrutar da familia… e tamén para mergullarse en boas historias.
Desde o cole queremos compartir convosco unha selección de lecturas pensadas para acompañar estes días de descanso. Hai contos cheos de maxia, aventuras emocionantes, libros divertidos e historias para soñar, pensar e emocionarse durante as vacacións.
Agardamos que estas recomendacións vos animen a seguir lendo e a gozar da lectura tamén nestes días tan especiais.
👉 Fai clic na imaxe para saber de que trata cada libro: Link recomendacións lectoras
Desexámosvos unhas vacacións cheas de ilusión, bos momentos e lecturas compartidas.
Bo Nadal e por un feliz 2026 cheo de boas historias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario