Hoxe celebrouse no Auditorio do Grove o festival de panxoliñas organizado pola Escola de Música Municipal. Foi unha xornada moi especial na que a música e o espírito do Nadal estiveron moi presentes.
Hoxe celebrouse no Auditorio do Grove o festival de panxoliñas organizado pola Escola de Música Municipal. Foi unha xornada moi especial na que a música e o espírito do Nadal estiveron moi presentes.
Do noso centro participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, que subiron ao escenario con moita ilusión e fixeron unha actuación fantástica. Cantaron e tocaron con entusiasmo, demostrando todo o traballo realizado durante as semanas previas, polo que queremos felicitalos polo seu esforzo e bo facer.
O resto do alumnado do colexio non quixo perderse este momento tan bonito e acompañámolos desde a biblioteca, onde nos reunimos todos xuntos para seguir a súa actuación en directo. Foi un momento de convivencia, apoio e compañeirismo, no que animamos aos nosos compañeiros e compartimos a emoción de velos actuar.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que nos axudou a seguir creando lazos como comunidade educativa e a vivir o Nadal dun xeito especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario