mércores, 14 de outubro de 2015

DESCUBRIMOS O TEMA DO PROXECTO DESTE CURSO!

Ola a todos!
Hoxe tráiovos as fotos do pasado venres 25 de setembro, o día  no que coñecemos o título do proxecto sobre o que imos traballar neste curso. 
Despois das pistas da entrada, o Ratiño e a Ratiña deixáronnos uns cadros. Despois de observalos, debatimos sobre que nos transmitían e puxemos esas emocións arredor dos cadros. Os cadros viaxaron por todas as clases do cole para que entodos os grupos lle puxesemos o que nos transmitían.

Deste xeito descubrimos diferentes formas nas que os pintores representan a alegría, a tristura, a tranquilidade, o medo... Descubrimos tamén diferentes tipos de pintura: abstracta, figurativa, realista...
 Fomos investigando para descubrir o título destes cadros e o seu autor e agora os cadros, coas emocións que nos transmitiron, decoran os corredores do noso colexio.





Con isto dos cadros xa todos os nenos comezaron a facer as súas prediccións, ata que chegou o día da presentación do proxecto! Os maiores do cole traballaron un montón para telo todo preparado.


Ese día, ao chegar ás aulas tiñamos unha sorpresa, NOTA DOS RATIÑOS! Deixáronnos unha mensaxe na que nos dicían que tiñamos que atopar unha palabra agachada na nosa aula e levala á biblioteca despois do recreo para, unha vez alí, formar o título do proxecto deste curso.
Unha vez cumplida esta misión, despois do recreo xuntámonos todos  na biblioteca.
 

 
Unha vez alí, entre todos, desciframos o título do proxecto deste curso: "EMOCIONaRTE, UNHA VIAXE POLO MUNDO DAS ARTES E AS EMOCIÓNS" 
E, despois disto, os nenos de 6º contáronnos o conto "O monstruo de cores"





Ningún comentario:

Publicar un comentario