jueves, 15 de octubre de 2015

COMEZAN AS INVESTIGACIÓNS SOBRE O NOVO PROXECTO ANUAL "EMOCIONARTE, UNHA VIAXE POLO MUNDO DAS ARTES E DAS EMOCIÓNS!

Ola a todos!
Hoxe traémosvos unhas imaxes coa nosa primeira investigación relacionada co proxecto anual "EmocionArte, unha volta polo mundo das artes e das emocións".

Foi unha investigación diferente, xa que fixemos un traballo de campo. Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria desprazámonos ata o centro da nosa vila para ir visitar a Galería Besada e aprender máis cousas sobre as esculturas que están no paseo marítimo.
Para isto, previamente no cole, aprendemos por que hai tantas esculturas na nosa vila (máis de 100!) e observamos imaxes dalgunhas delas tratando de averiguar o seu título e significado. A nosa misión hoxe era averiguar o título e oa autor dalgunhas delas, inventarlles un título a aquelas que non o tiñan e tamén recoller que emocións nos trasmitían en directo.
Empregamos un caderniño de recollida de información que se pode descargar premendo na imaxe inferior: 
https://drive.google.com/file/d/0Bw38HPMmDU_OSGNvUDdEOENrZms/view?usp=sharing

E aquí vos deixamos algunhas imaxes do día de hoxe. Coma sempre, se queredes ver máis fotos, podedes descargalas AQUÍ.






Ademais disto, tamén visitamos a Galería Besada, onde, Carlos Besada, moi amablemente, se ofreceu a falarnos de distintos tipos de pintura, diferentes técnicas, presentounos obras de arte de varios autores. Puidemos primeiro ver por nós mesmos as obras que ten expostas neste momento e despois, moi atentos, explicounos unha morea de cousas.




Foi un día xenial, no que ademais de aprender moitas cousas pasamos un rato moi divertido, incluíndo o paseo dendeo colexio ata o centro. Chegamos cansos pero encantados!

 De novo, moitas grazas a Carlos Besada, da galería Besada, por convidarnos á súa Galería e compartir con nós a súa arte e a doutros artistas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario