miércoles, 14 de enero de 2015

SAÍDA ESCOLAR- FOMOS DESCUBRIR "OS SEGREDOS DOS ALIMENTOS"

 Ola ratiños!

Son Roi, un dos reporteiros larpeiros de 6º.

O martes 11 de Novembro, os nenos de 5º e 6º fomos de excursión á granxa “O Kirico” en Fornelos de Montes. Cando chegamos, os monitores estaban na porta esperando a nosa chegada. Un intre despois chegaron os nenos do colexio de Noalla.

Déronnos unha charla sobre os alimentos que se tiñan que comer case sempre e os que había que comer moi de vez en cando.

Despois da charla fixeron unha obra de teatro sobre dous tomates: un que se criou nuha granxa e outro que se criou con productos químicos. O da granxa parecía que non pero sabia moito mellor ca o que se cultivou con produtos químicos.

Logo fomos ao invernadoiro a que nos falaran sobre as trampas para insectos e ensináronnos como se facían. Deseguido fomos ver os pasos polos que pasa o esterco para convertirse en compost.

A continuación fomos facer uns experimentos coa comida e aprendemos que na auga un iman atrae os cereais pero fora da auga non. Foi sorprendente! Isto é así porque os cereais conteñen ferro.

Deseguido fomos comer.

Logo tivemos tempo libre e fomos fóra para xogar, pero comezou a chover e tivemos que ir para dentro. Para non aburrirnos comezamos a bailar!

Cando acabou o tempo libre fixemos un gran xogo. Consistia en ir buscando aos monitores por todo o recinto e se os encontrabas dicíanche unha adiviña sobre os alimentos; se acertabas, podías coller a foto do alimento que quixeras. E así tiñas que facer o mellor menú posible.

Cando acabamos fomos ver os animais que tiñan. Fomos ata un sitio onde había cabalos, burros, vacas e coellos. Nunha mesa que había, podías coller un anaco de pan e darllo os animais. A continuación fomos ver aos demais animais. Vimos porcos vietnamitas e todos os galos e galiñas que tiñan, había moitísimos, case de todas as razas e países. Tamén se podía ir á xaula da cabra para darlle de comer pero antes fomos ver a un mapache e, para finalizar, os patos.

Por ultimo, fomos outra vez cara á casa.

En definitiva, aprendemos moito e quixera volver outra vez!"

Aquí tendes algunhas fotos deste día tan xenial: (e para vet todas as fotos, premede AQUÍ)

Estivemos moi cerca dos animais


No invernadoiro aramos terra...

e plantamos hortalizas.




 Divertímonos moito bailando

No hay comentarios:

Publicar un comentario