jueves, 29 de enero de 2015

O NOSO MERCADIÑO SOLIDARIO (I)

Este ano, con motivo do Día da Paz, e como parte do noso PDI " A volta ao mundo motados nun prato", decidimos relacionar o tema da paz coa fame e a existencia de persoas no tan afortunadas coma nós que non teñen que comer. Para isto, a pasada semana organizamos sesións de formación para concienciar aos nenos do colexio sobre o tema e facerlles unha proposta: UN  MERCADIÑO SOLIDARIO.


O ratiño de Conmeniño pediulles a súa colaboración. A súa misión era traes alimentos non perecedeiros ou alimentos para cans e gatos que esta semana puideron intercambiar por un libro (libros que foron expurgados da biblioteca por non estar en bo estado para unha biblioteca pero sí en perfectas condicións para gozar do pracer da lectura dende a casa) Estes alimentos recollidos van ser doados a Cáritas e ao Refuxio de Animais de Cambados que, coa axuda de voluntarios, se encargan de repartir comida con aquelas que o precisen e con animais que non teñen un fogar no caso do Refuxio de Animais.

Mañán é o último día de intercambio, pero xa podemos dicir que está a ser unha actividade moi proveitosa, xa que as familias, unha vez máis, sorprendéronnnos coa súa xenerosidade e participación. Unha vez máis MOITAS GRAZAS!

En breve vos contamos como organizamos o mercadiño e as conclusións do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario