Ola de novo lectoras e lectores,
O día de hoxe tivemos unha actividade moi especial, porque as nenas de 5º representaron para os máis cativos do cole o conto do Apalpador e o arco da vella.
Ola de novo lectoras e lectores,
O día de hoxe tivemos unha actividade moi especial, porque as nenas de 5º representaron para os máis cativos do cole o conto do Apalpador e o arco da vella.
Ola lectoras e lectores!
O 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Acompañounos a asociación Anduriña do Grove e tivemos unha sesión de xogos e experiencias moi divertidas.
Aquí vos deixo unha recompilación de imaxes do noso día.
Unha aperta de Gusibot.
A continuación, presentámosvos as novidades de este trimestre para que poidades ler nas vacacións de Nadal.
Como acceder? Entra no enlace que está debaixo da foto. Unha vez que o teñas aberto nunha pestana nova, colócate enriba dos circuliños azuis. Se todo vai ben aparecerache unha imaxe do libro!
É moi fácil, agora só falta que veñas á Biblioteca a buscar o teu exemplar para levalo a casa e ler nas vacacións.
Un bico de Gusibot.
https://view.genial.ly/638ba510fcaa150018022b2a/interactive-content-nadal-2022
Os premios as nosas lectoras do mes de novembro foron para...
Ola lector@s!
Como xa sabedes, este ano estamos levando a cabo uns pequenos cambios na nosa Biblio e para que todas e todos nos puidésemos enterar... foi necesario recibir unha formación no que aqueles/as voluntarios/as puidesen estar ao tanto e ser expertos/as nos recreos da Biblioteca.
Aquí vos deixo a formación e algúns dos cambios máis significativos da nosa BE.
Ola de novo lectoras e lectores!
A continuación expoñerase o traballo que levaron a cabo as diferentes aulas o día 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Desde a Biblioteca realizouse un dominó de mulleres con éxito deportivo
Ola lectoras e lectores!
En novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, co deber de coñecer e transmitir ciencia na nosa lingua. Por iso, púxose á disposición do alumnado diferentes exemplares en galego para investigar, ser curiosos, experimentar...
En relación cos experimentos, tamén se proporcionaron diferentes deles para levar a cabo o método científico, como podedes ver no vídeo, no que se mostra como o alumnado dos distintos niveis realizou experimentos como: "A presión da forza da auga"; "A nosa impresión"; "Quen apaga a vela?"; "A auga e o aceite non se mesturan"; "A estimación"; "A pementa que fuxe" para traballar a tensión superficial da auga; "Ciencia ou maxia?" para ver a refracción da luz na auga ou "Como elaborar iogur natural: bacterias en acción" entre moitos outros que se expuxeron para facer nos patios ou para levar a casa.