martes, 13 de abril de 2021

INTERPRETACIÓN DA ENQUISA DE LECTURA APLICADA AO ALUMNADO DO CEIP CONMENIÑO POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA..

    As preguntas formuladas na enquisa foron as seguintes:

    1- Gústache ler libros?

    2.- Les por obriga ou por gusto?

    3.- Cando eras pequeno/a , os teus pais tiñan o costume de ler contigo?

    4.- Onde acostumas coller os libros que les?

    5.. Pides un libro como agasallo?

    6.- Recibes libros como agasallo?

    7.- Que xénero literario che gusta máis?

    8.- Cantos libros les ao ano?

    9.- En que formato les maiormente?

    10.- Canto tempo lle adicas á lectura por día?

    11.- Cantos días vas á biblioteca por semana?

    12.- Practicas lectura e voz alta ou baixa?

     O alumnado participante foi do 98%. As alumnas e alumnos de 4º de E.I. non participaron por razóns obvias.

    Despois de aplicar a enquisa aos compañeiros/as do colexio podemos dicir o seguinte:

    En primeiro lugar chegamos á conclusión de que o alumnado do centro le por gusto, fai unha lectura de xeito agradable; agás no curso de primeiro de primaria, onde se reparte case a partes iguais o gusto e a obriga pola lectura, sendo esta feita de xeito autónomo excepto no período de infantil onde as nais e pais se implican nunha lectura en voz alta cos seus cativos.

    En segundo lugar, en canto a procedencia ou lugar de adquisición de libros, concluimos que o alumnado de infantil a cuarto de primaria adoitan coller os libros na biblioteca escolar  mentres que os de quinto e sexto prefiren mercalos na libraría debido a distintas razóns:

    Os prazos para as devolucións fánselle curtos.

    A oferta é limitada en volumes e títulos requeridos por este segmento de poboación escolar.

    Podemos afirmar tamén que aparte de adquirir os libros en xeito de préstamo a gran maioría do alumnado recibe libros como agasallo.

    En canto aos xéneros literarios de maior éxito entre os nenos e nenas do colexio está o narrativo de aventura, sendo o científico o que menos gusta. En sexto nótase un cambio de tendencia do xénero de aventuras ao de misterio.

    A cantidade de libros que se len ao ano, así coma o tempo adicado á lectura está acorde á idade do alumnado, agás no grupo de primeiro, no que a media está por baixo do tempo de lectura recomendada. O formato elixido maioritariamente para ler é o papel, pero podemos dicir que en infantil apreciamos que unha quinta parte do alumnado le en formato dixital. En consecuencia atrevémonos a facer a seguinte predición: se esta tendencia se mantén no tempo á alza, pouco a pouco, poderíase perder a esencia de ler libros en formato papel.

    No que atingue aos cursos que visitan a biblioteca escolar, os que máis o fan son os de terceiro e cuarto, sendo a dos demais case unha visita testemuñal.

    

sábado, 27 de marzo de 2021

Fin do 2º trimestre

Boas queridas lectoras e lectores!! 

Rematamos o segundo trimestre ensinándovos unha pequena mostra de fotos da actividade do micro aberto realizado durante o mes de marzo nos recreos da Biblio. Foi todo un éxito, vimos bailes, escoitamos cancións, poemas, chistes, teatro, maxia... Sodes uns artistas!! Repetiremos!!















E como rematamos o mes de marzo, tamén vos deixamos ao lector deste mes: Antonio, de 2º de Educación Primaria. Parabéns!!!!


Desfrutade moito das vacacións, vémonos á volta!

Apertas de Gusibot!!




mércores, 3 de marzo de 2021

Proxectos reciclados

Boas, queridas lectoras e lectores!

Hoxe vimos a felicitarvos pola vosa participación e implicación nas actividades do PDI do Medio Ambiente que se están facendo nos recreos da Biblio. 

Como sabedes, durante o mes de febreiro fixemos un concurso de proxectos con materiais reciclados, e estes son algúns dos marabillosos resultados. Parabéns a todos!!










E para rematar, desvelamos o proxecto gañador.... A TERRA QUEIMADA POLA CONTAMINACIÓN, de Ivana e Xulia de 5º de Primaria. Noraboa, chicas!!!






luns, 22 de febreiro de 2021

24 FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 
"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino". 
Rosalía de Castro
 
Este mércores 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, por iso vos presentamos esta entrada no blogue con distintos materiais para que podades investigar e aprender cousas sobre unha das escritoras e poetisas máis importantes de Galicia.
 
No seguinte vídeo poderedes ver unha breve biografía da autora:

 
 
A continuación,  deixámosvos dous xogos xeniais feitos por profes doutros coles. Para xogar só tedes que picar no enlace que vos interese.
 
O primeiro, ten xogos sobre Rosalía de Castro diferenciados por cursos, dende Infantil ata Primaria.
 
 
E o segundo, é un scape room máis complicado para os máis maiores.

 
 
Apertas de Gusibot!

 

mércores, 10 de febreiro de 2021

Contos de Entroido 🎆

Hoxe compartimos con vós estes dous vídeos feitos con encanto sobre o Entroido que nos envía a familia de Catalina (4º Educación Infantil) e Antonio (2º Educación Primaria). 


O primeiro, é a canción "É tempo de Entroido!", de Isabel Fernández Reviriego, composta para o libro "É tempo de Entroido!", de Ramón D. Veiga e David Sierra. Edicións Xerais de Galicia, 2018. (Siradella Films)

É tempo de Entroido!

E o segundo, é a canción "Non pare a festa", de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa" (É tempo de Entroido 2)", de Ramón D. Veiga e David Sierra. Edicións Xerais de Galicia, 2021. (Siradella Films). 

Non pare a festa

Moitas grazas por compartilos con nós!

Apertas de Gusibot e feliz Entroido para todos e todas 😊😊😊

luns, 1 de febreiro de 2021

Rematamos xaneiro!

Rematamos xaneiro na BiblioConmeniño presentándovos aos lectores do mes: Xurxo, María, Anaís e Noa. Parabéns! Seguide lendo así!




Tamén rematamos a primeira actividade de dinamización dos recreos da Biblio coa temática do PDI "Conciénciate co Medio", que foi o visionado dunha curta sobre responsabilidade ambiental:


Polo que pasamos á segunda actividade: Durante o mes de febreiro, realizaremos un concurso de debuxos e maquetas feitas con material reciclado que atoparedes nos recreos na biblio. Sede creativos e respetuosos co medio ambiente!!

Finalizamos mostrándovos tamén as novidades de Gusibot: Hai libros novos sobre dinosaurios, o medio ambiente, contos para os máis pequeniños... e moitos máis!!


Apertas de Gusibot!

martes, 12 de xaneiro de 2021

2º trimestre

 Arrancamos o 2º trimestre na BiblioConmeniño con varias novidades!!

A primeira é que neste trimestre, realizaremos distintas actividades relacionadas co PDI "Conciénciate co Medio" durante os recreos da Biblio. Aquí tedes o calendario:

E a segunda, é que xa volven a estar en marcha os sorteos do lector ou lectora do mes. Así que, cada vez que collades un libro na biblio, recordade cubrir unha papeleta co voso nome, apelidos e curso para poder entrar no sorteo. O lector o lectora que máis libros lea nun mes, levará un premio!!!

Apertas de Gusibot!

martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL!

  • RECOMENDACIÓNS LECTORAS: 

Recomendacións lectoras Nadal 2020 BiblioConmeniño

  • PANXOLIÑAS:
4º Educación Primaria: Panxoliña Beatle




5º Educación Primaria: Jingle Bell Rock


  • ENTREGA DE POSTAIS NAVIDEÑAS POR CORREO: