venres, 22 de novembro de 2013

COUSIÑAS DE OUTONO

Ola ratiños!
Sí, aínda segimos en outono aínda que vaia tanto frío. E por iso vos traio unha actividade LIm para pasar un bo ratiño lendo e xogando con cousas desta fermosa estación.COma sempre, só tedes que premer na imaxe inferior.


venres, 15 de novembro de 2013

OUTONO, TEMPO DE MAGOSTO

O pasado mércores, 13 de novembro celebramos, como cada ano, o noso magosto, un día cheo de xogos tradicionais e ricas castañas asadas. Aquí vos deixamos un vídeo e algunhas imaxes deste día tan divertido.

 

Primeiro de nada, organizámonos en grupos de idades variadas para participar nos distintos xogos.


E... listos para xogar! Había 9 xogos diferentes polos que fomos rotando.




Mentres, as castañas estaban asando. Que arrecendo!


Rematados os xogos, a comer!!!





Case non quedou nada, pero conseguín unhas pouquiñas e podo dicir que estaban boísimas!
Un biquiño de ratiño namorado do outono!
Ah! que me esquecía! Se queredes ver máis fotos deste día e descargalas, só tedes que premer AQUÍ!

luns, 4 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013: O SAMAÍN MARIÑO DE CONMENIÑO

Ola ratiños!!! Pasado o Samaín e despois de tantos días sen vernos, aquí vos traio unha compilación das vosas marabillosas cabazas mariñas. Unha vez máis, quedei pampo con tanta creatividade e imaxinación. NORABOA A VÓS E ÁS VOSAS FAMILIAS, BO TRABALLO!

 

Ademais do concurso de cabazas, tamén tivemos chocolatada e unhas actuacións relacionadas co Halloween.

Se premedes na imaxe inferior poderedes ver e descargar todas as fotos deste día.



E premendo AQUÍ, poderedes ver a obra de teatro que nos presentaron os alumnos de 4º.

luns, 28 de outubro de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO NOSO COLE

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Co gallo desta celebración, o ratiño encomendounos unha misión, que era que cada aula escollese unha personaxe relacionada co proxecto sobre o que estamos a traballar neste curso ("8 meses de viaxe submariña") e investigase sobre o tema escollido para ambientar a clase, a biblioteca de aula, ... Unha vez feito isto, era hora de compartilo con todos os compañeiros, polo que o venres 25 de outubro, organizados en grupos, fomos polas distintas clases e alí os nenos de cada grupo nos presentaban a personaxe escollida, o que sabían dela, ... Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas imaxes por se as queredes ver...


mércores, 23 de outubro de 2013

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola ratiños!
Como ben sabedes, o mes de outubro é o mes das Bibliotecas Escolares. O día 24 de outubro é o día escollido para rendir homenaxe a este recuncho tan especial dentro dos colexios.

Un ano máis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviounos o cartel conmemorativo para esta data. O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.


No cole celebraremos esta data o venres 25 de outubro, e estou impaciente por ver con que me sorprendedes. 

Saúdos de ratiño lector de libros científicos!

domingo, 20 de outubro de 2013

LIBRO DE RECEITAS MARIÑAS

Co gallo da celebración da Festa do Marisco na nosa vila (O Grove), os nosos alumnos, xunto coas súas familias, trouxéronnos unha morea de receitas con ingredientes do fondo mariño. Dixemos un libriño compilatorio e aquí volas deixamos! Agardamos que vos gusten e... a cociñar!

xoves, 17 de outubro de 2013

XA TEMOS PROXECTO PARA O CURSO 2013-2014

Ola ratiños! Despois de tantas pistas e das vosas investigacións, por fin descubristes o tema sobre o que imos tratar durante este curso 2013-2014. Aquí vos deixo algunhas das pistas e as miñas cartiñas.

Ao chegar ao cole, este recibimento:


Á porta da biblioteca, o ratiño de Conmeniño convertido en capitán.


Uns días despois, o cole apareceu cheo de carteis co número 20000...


Recibimos unhas cartas nas clases, nas que o ratiño nos encargaba investigar unhas pistas ata descubrir o tema para este curso. (Premendo na carta inferior poderedes lelas todas)

E despois de investigar e moito pensar... 




Descubrimos que o tema sobre o que imos traballar este curso dende a biblioteca é:

luns, 7 de outubro de 2013

L FESTA DO MARISCO

Como ben sabedes, este ano O Grove  está a celebrar a súa L Festa do Marisco. Coma sempre, ao abeiro desta celebración convócase un concurso de carteis para elexir o cartel para o vindeiro ano. Este foi o cartel para este ano.


Para conmemorar este aniversario, os nenos de 3º, 4º e 6º fixeron os seus propios carteis e cadros para conmemorar este importante aniversario. Aquí vos deixo algúns deles e premendo AQUÍ poderedes velos todos.





martes, 1 de outubro de 2013

AS MOCHILAS COMEZAN A SÚA VIAXE...

Ola ratiños!


Un ano máis, as nosas mochilas viaxeiras comezan a súa andadura. Agardamos que vos gusten os libros que nelas viaxan e pasedes con elas un moi bo rato de lectura en familia.



Ah! E non vos esquezades de contarnos a experiencia, o que lestes, o que máis vos gustou, que aprendestes, ... nos nosos cadernos viaxeiros. Déixovos unha pequena compilación dalgúns dos vosos traballiños no curso pasado. Só tedes que premer na imaxe inferior!

Saúdos de ratiño lector!
E estade moooi atentos que estamos a piques de desvelar o título do tema sobre o que imos traballar este ano!

xoves, 12 de setembro de 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013-2014!

Ola ratiños! Xa estamos de volta! Deséxovos un moi bo curso 2013-2014! 


Vémonos na biblioteca!

PD: Estade moi atentos se queredes saber por que viaxo en submariño...

martes, 25 de xuño de 2013

A HORA DAS DESPEDIDAS...

Bos días ratiños!
Vós xa estades de vacacións, e eu por aquí ando, poñendo un pouco de orde na biblioteca e preparando cousiñas xa para o vindeiro curso. Despois de todas as celebracións da semana pasada antes de irnos de vacacións, hoxe tráiovos un anaquiño do vivido, o momento das despedidas. Déixovos por aquí os vídeos que prepararon a profe Alejandra (6º EI)  e a profe Ilduara (6º EP) para o acto de  graduación.

Moi atentos ás conclusións dos ratiños de 6º de infantil despois do seu paso pola Ed. Infantil:




E non vos perdades agora algúns dos momentos vividos polos nenos de 6º de Ed. Primaria no cole.



Ata sempre aos nenos de 6º de primaria, agardamos que vos vaia moi ben nesta nova etapa que comeza para vós! E para o resto, ata a volta!