Con motivo da Semana do Libro, tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita do historiador Bruno Padín.
Durante a sesión, compartiu con nós parte da historia da nosa vila, amosándonos imaxes e explicándonos como vivían as xentes do Grove noutras épocas. Foi unha actividade moi interesante, que nos permitiu coñecer mellor o noso entorno e as nosas raíces.
Esta visita enmárcase dentro do noso PDI "Retroviaxe", xa que nos axudou a afondar no pasado da nosa contorna.
Ademais, tivemos a oportunidade de que nos asinase o seu libro Entre o mar e a terra. Unha historia das xentes do Grove, que xa formaba parte da biblioteca do centro.
Moitas grazas, Bruno, pola túa visita e por compartir connosco o teu coñecemento.





Ningún comentario:
Publicar un comentario