venres, 17 de outubro de 2025

Contacontos con Estefanía Padullés: Que mal día, gato Klops!

 


Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso colexio á escritora e ilustradora Estefanía Padullés, autora do fermoso conto Que mal día, gato Klops!.

Desde Infantil de 5 anos ata 4º de Primaria, o alumnado gozou dunha mañá chea de imaxinación, risas e emocións. Estefanía contounos as aventuras do gato Klops, un gatiño que parece ter un día desastroso, ata que unha estrela cae diante do seu fuciño e todo comeza a cambiar.

A través das súas palabras e das súas ilustracións, descubrimos que mesmo os días máis malos poden rematar ben, e que sempre hai un chisquiño de luz esperando por nós. O alumnado participou con entusiasmo, comentando as ilustracións que Estefanía ía debuxando e facendo preguntas.

Ademais, a autora explicounos como crea os seus contos e debuxos, animando a todos e todas a seguir debuxando, lendo e escribindo historias.

Grazas, Estefanía, por facernos sorrir e lembrar que cada día pode ser especial!






Ningún comentario:

Publicar un comentario