Quixemos deixar constancia dunha visita moi especial: a de Dunia, que veu ao noso centro para falarnos sobre o cinema desde unha perspectiva histórica e emocional. Un dous seus grandes obxectivos persoais é a recuperación, conservación e divulgación da memoria histórica dos pobos, e así nolo transmitiu con paixón e coñecemento.
Dunia é autora da “Meca dos Cines”, unha obra na que afonda na historia cinematográfica local, e na súa charla explicounos que é o cinema, amosounos a primeira película da historia e fixo un percorrido polos distintos cinemas que houbo no Grove: o cinema ambulante, o Marino, o Anduriña...
Falounos tamén sobre os usos que tiñan antigamente os cinemas, como espazos culturais e sociais, que actividades se ofrecían, que se comía neles, como se anunciaban as películas, os motivos do seu peche e a aparición dos multicines que coñecemos hoxe.
Unha auténtica viaxe ao pasado, chea de anécdotas e aprendizaxes, que nos fixo valorar o cinema non só como entretemento, senón como parte da nosa identidade colectiva.
Grazas, Dunia, por axudarnos a manter viva a historia do noso pobo a través da luz da pantalla.
#Dunia #AMecaDosCines #CineEnOgrove #MemoriaHistórica #CineNaEscola #ProxectoDeArte #OGrove
Ningún comentario:
Publicar un comentario