venres, 28 de marzo de 2025

Dunia e a memoria do cinema no Grove

Quixemos deixar constancia dunha visita moi especial: a de Dunia, que veu ao noso centro para falarnos sobre o cinema desde unha perspectiva histórica e emocional. Un dous seus grandes obxectivos persoais é a recuperación, conservación e divulgación da memoria histórica dos pobos, e así nolo transmitiu con paixón e coñecemento.

Dunia é autora da “Meca dos Cines”, unha obra na que afonda na historia cinematográfica local, e na súa charla explicounos que é o cinema, amosounos a primeira película da historia e fixo un percorrido polos distintos cinemas que houbo no Grove: o cinema ambulante, o Marino, o Anduriña...

Falounos tamén sobre os usos que tiñan antigamente os cinemas, como espazos culturais e sociais, que actividades se ofrecían, que se comía neles, como se anunciaban as películas, os motivos do seu peche e a aparición dos multicines que coñecemos hoxe.

Unha auténtica viaxe ao pasado, chea de anécdotas e aprendizaxes, que nos fixo valorar o cinema non só como entretemento, senón como parte da nosa identidade colectiva.

Grazas, Dunia, por axudarnos a manter viva a historia do noso pobo a través da luz da pantalla.





 


#Dunia #AMecaDosCines #CineEnOgrove #MemoriaHistórica #CineNaEscola #ProxectoDeArte #OGrove

venres, 21 de marzo de 2025

Día da poesía con Eva Gondar

Celebrando o día da poesía con Eva Gondar! 📖

Esta vez foi a quenda de Eva Gondar, escritora grovense que con 11 anos, comezou a escribir a súa primeira novela, demostrando que a paixón pola literatura pode nacer desde ben pequenos/as.

Durante a visita, falounos da súa experiencia como escritora, compartindo con nós como nace unha inspiración e que significa para ela escribir.

Para pechar esta xornada, o alumnado de 3º recitou algún título do seu poemario “Fantasía”, traducidos ao galego.

Una actividade perfecta para celebrar o Día da Poesía (21 de marzo) e seguir fomentando o amor pola literatura entre os máis pequenos/as. 📜

Grazas, Eva, por inspirarnos a seguir creando historias!

 


#EvaGondar #DíaDaPoesía #Fantasía #EscrituraNaEscola #OGrove #ProxectoDeArte

Lingua materna e día da poesía

 Feliz día da poesía e da lingua materna 🫶🏼 da man de “Queco Fresco”, Diversos con Versos.

Actividade que nos ofrecen desde o concello, para o alumnado de 5° e 6°. Un achegamento para fomentar a súa creatividade, sensibilidade e capacidade de expresión 📖





mércores, 19 de marzo de 2025

Charla sobre hábitos saudables: un paso cara o benestar

O pasado venres viñeron compartir connosco valiosos coñecementos sobre a importancia dos hábitos saudables. Durante a charla, os estudantes aprenderon como unha boa alimentación, a actividade física regular e o coidado do benestar emocional son fundamentais para ter unha vida plena e activa. Esta charla non só foi educativa, senón tamén inspiradora, motivando aos nosos pequenos para tomar decisións máis saudables e coidar o seu corpo desde temperá idade. Un paso máis cara a un futuro cheo de benestar!



martes, 18 de marzo de 2025

Micro aberto pola lingua materna

Celebramos a lingua materna con cancións, refráns e moita diversión con micro aberto!

Foi unha xornada chea de creatividade e alegría, onde os nosos nenos e nenas puideron mostrar o seu talento e amor pola lingua galega dunha maneira única.

Durante toda a xornada, tiveron a oportunidade de achegarse á biblioteca e tomar o micrófono para compartir cos seus compañeiros/as o que máis lles gusta da nosa lingua: cancións, poesías, refráns e ata chistes, todo en galego. A imaxinación e o bo humor non faltaron!

Os demais compañeiros tamén puideron gozar como espectadores, alentando aos seus amigos/as e compañeiros/as nun ambiente de apoio e celebración. Foi unha experiencia divertida, enriquecedora e chea de risas que nos permitiu conectar coas nosas raíces e valorar a riqueza da nosa lingua materna.

Esta actividade non só foi unha oportunidade para poñer en práctica o galego de maneira divertida, senón que tamén nos lembrou o importante que é preservar e transmitir a nosa lingua ás novas xeracións.

Grazas a todos os que participaron e a quen nos acompañou como público!


 

 

 

 

venres, 14 de marzo de 2025

📰✨ Semana da Prensa: nace o Xornal de Conmeniño

Con motivo da Semana da Prensa, o noso alumnado transformouse en pequeno equipo xornalístico para dar vida ao noso propio medio escolar: o Xornal de Conmeniño.

Durante varios días, mergullámonos no mundo do xornalismo:
 Escribimos noticias
 Fixemos fotos
 Investigamos fontes
 Reflexionamos sobre o que acontece no noso entorno escolar

Os contidos do xornal xiraron arredor das diferentes conmemoracións e actividades celebradas no centro ao longo do curso.


 

 

 



Cada sección foi creada con ilusión, traballo en equipo e moitas ganas de comunicar. Esta experiencia axudou ao alumnado a desenvolver a súa capacidade crítica, expresiva e creativa, ademais de entender mellor o papel da prensa e a importancia da información.

O Xornal de Conmeniño é unha mostra do que pasa no noso cole… contado polos seus protagonistas!

martes, 11 de marzo de 2025

Maxia con Yago Barral

Visita do mago Yago Barral

Podedes ver algún vídeo do seu espectáculo de maxia no Instagram do cole. 


Gracias por permitirnos gozar co teu espectáculo de maxia. Pasámolo en grande 🪄🧙‍♂️



luns, 10 de marzo de 2025

VIII Concurso 8M

En relación con convivencia e benestar do alumnado, este ano quixemos participar no VIII Concurso que a Consellería propón para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. 

O obxectivo foi promover a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. 

Este foi o cartel elixido entre o noso alumnado participante, para enviar ao concurso:

venres, 7 de marzo de 2025

Visita de Adrián Torres

 Música como expresión de vida 🎶

Esta vez foi a quenda de Adrián Torres, cantautor e papá de dous nenos do cole, que nos fixo viaxar a través da súa música e as historias que se agochan detrás das súas cancións.

Adrián comezou a tocar a guitarra con só 9 años e, pouco a pouco, foi creando as súas propias cancións, ademáis de versionar aquelas que máis lle gustaban. A medida que ía cantando, ía explicando o motivo da súa letra, facendo que o público entendese mellor o seu proceso creativo.

O momento máis especial chegou cando tivo a sorte de cantar mentres o seu fillo Lucas bailaba una chacarera, una combinación perfecta de música e danza que encheu a biblio de emoción.

Grazas, Adrián, por compartir connosco a túa paixón pola música e lembrarnos que a arte está en todas partes, tamén nas rúas!




xoves, 6 de marzo de 2025

28 de febreiro- Día Internacional das enfermidades raras

 Con motivo da conmemoración do 28 de febreiro do Día das Enfermidades Raras, tivemos no colexio a visita de Laura, mamá dunha nena do centro e de Xandre, un neno diagnosticado coa enfermidade de Alexander, considerada unha enfermidade rara.

Laura leu a todo o alumnado o conto de Federito, un trevo que naceu con 4 follas en lugar de 3 e falou sobre cal é a situación que viven as familias que teñen un neno ou nena diagnosticado/a cunha patoloxía minoritaria, destacando a importancia da ciencia para buscar curas a estas enfermidades e/ou mellorar a súa calidade de vida.

Logo, tamén fixeron un marcapáxinas conmemorativo e sacamos unha foto cun cartel creado polo alumnado co lema " A ciencia é futuro", poñendo en valor a importancia da investigación.

 


 

 

Por aquí vos deixamos as novas da prensa en relación a esta actividade.

- https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/alumnos-ceip-conmenino-empatizan-personas-patologias-raras-5212776

- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2025/03/11/conmenino-da-visibilidad-enfermedades-raras/0003_202503A11C5991.htm?utm_source=whatsapp&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_content=0003_202503A11C5991&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEAAaYflO0NEJalvRRdumE9HnjnHCynHLSpxOoarXj4WW0DAQeEksk561MgvCw_aem_RsywBlGDoYTVfkXfNgPAhw


https://www.farodevigo.es/arousa/2025/03/10/colegio-conmenino-muestra-ninos-enfermedades-115149872.html?fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEAAaYi2pgeEJbxKyqb8nXHbupnwEsiOFpuNKNH9xJ0zIIldPVGB6xIi-EqnYw_aem_sRL8QRqnopepf6sGBizGEA