sábado, 23 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a Semana da Prensa, o alumnado de 2º de Educación Primaria traballou cunha noticia relacionada co deporte que elixiron este ano, a Halterofilia. Comezaron buscando que era a prensa, tamén onde podían aparecer noticias, cales eran as partes máis importantes dunha nova da prensa escrita... 

O seguinte paso foi lela, para saber de que trataba. Xa por último, realizaron as actividades propostas: sinalar o título e crear un novo, identificar o subtítulo...


O alumnado de 3º curso escolleu unha noticia sobre alimentación, en relación coa mellor hamburguesa do mundo, como será esa hamburguesa?



Ademais, o alumnado de 5º e 6º traballou tamén coa prensa escolar, igual que todos os mércores.





E para os máis pequeniños... PAPAGAIO,  a revista escolar!


Aínda que eles tamén quixeron ler unha noticia de maiores...


Ningún comentario:

Publicar un comentario