mércores, 8 de xaneiro de 2020

Actividades de Nadal

Ola nenos e nenas!!! Xa estamos de volta!!! Que tal foron esas vacacións? Voltades coas pilas cargadas para este novo ano?😊
A continuación deixámosvos algunhas fotos das distintas actividades que se fixeron no cole durante a conmemoración do Nadal.

Decoración da mascota e dos corredores do cole
Os días previos ao acto do festival de Nadal os nenos e nenas do cole, elaboraron diferentes creacións para a decoración dos corredores así como das aulas. O alumnado de 6º de EP cedeu as súas maquetas para a decoración da mascota e o PDI.



Postais de Nadal para o noso amig@ invisible do cole
Cada nen@ do cole pintou a postal de GusiBot e dentro escribiu un desexo para o coidado do medio e do planeta para este 2020. Despois, repartíronse aleatoriamente entre o alumnado dos distintos cursos, facendo unha especie de "amigo invisible".






Calendarios de Nadal
Outra das actividades que fixemos foi a elaboración dos nosos propios calendarios. Para iso, cada nen@ fixo un debuxo relacionado coa temática que traballa a súa clase do PDI "Conciénciate co medio". Estes, expuxéronse no corredor principal do cole e o último día antes das vacacións, cada alumn@ levou o seu calendario para a súa casa.















Desexámosvos un 2020 cheo de ledicia, saúde e moita lectura! Apertas da vosa mascota, GusiBot!

Ningún comentario:

Publicar un comentario