luns, 6 de maio de 2019

Novo espazo TIC

Como xa sabedes, na biblio gozamos dun novo espazo TIC que está á vosa disposición para a busca de información e traballo. Hoxe en día as tecnoloxías da información e da comunicación son unha ferramenta indispensable e a nosa biblio non podía quedar sen un espazo dedicado a elas, na procura dunha alfabetización múltiple.
Lembrade a importancia de cumprir as normas de uso así como o coidado dos equipos para que tod@s poidamos empregalos.
Recordarvos que tamén están á vosa disposición todos os días da semana (a excepción dos martes) de 16:00 a 18:00 da tarde no mesmo horario no que temos aberta a biblioteca do cole.
Moitas grazas e apertas de GusiBot!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario