martes, 24 de maio de 2016

VISITOUNOS... GOGUE

O pasado venres 20 de maio, con motivo da Semana das Letras Galegas e no medio da nosa viaxe descubrindo diferentes artes, recibimos na Biblioconmeniño a visita do artista grovense GOGUE.
Nos días previos preparámonos para darlle a benvida. Todos os nenos do cole descubrimos as súas personaxes e practicamos a debuxalos. Cos nosos traballos preparamos uns carteis para recibilo.






 Os nenos de 4º prepararon unha presentación coa que todos descubrimos cousas deste artista da vila (compartirémola en breve) e que tamén compartimos con el o día que nos visitou.
Despois disto, fixo tres obradoiros con nós. Aos nenos de Infantil ensinoulles a debuxar animais mariños: centola, peixes, calamar... E, a petición deles, debuxou a Floreano, unha caricatura dalguén triste, dunha persoa enfadada. Agora teñen que colorealos.

Aos nenos de 1º, 2º e 3º B ensinoulles como debuxar a un tiburón que se comía un peixe. Despois eles tiveron que imitalo.
E aos nenos de 3ºA, 4º, 5º e 6º propúxolles facer unha viñeta de Floreano e Monchiña. El debuxounos sen xesto para que cada neno o copiase e completase as súas caras e inventase un pequeno diálogo. E ademais díxonos que cando estivesen rematados viría a velos para escoller un e adicarlle a súa viñeta no Faro de Vigo ao neno que mellor o fixese, qué sorte!


Ademais tamén nons explicou que agora xa case non emprega papel, senón que debuxa cunha especie de tablet que vai pasando o que el fai ao ordenador, e nos ensinou unha mostra da creación dunha escea de Moby Dick. Pareceunos moi interesante!
Como non podía ser doutra maneira, asinou o noso libro de visitas para que quede o recordo para sempre.
 
MOITÍSIMAS GRAZAS A GOGUE POR VIR VISITARNOS, ENCANTOUNOS APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS DO SEU TRABALLO E OFICIO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario