lunes, 2 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015: UNHA CELEBRACIÓN CHEA DE ARTES E EMOCIÓNS!

Ola a todos!

Hoxe traémosvos un pequeno resumo do Samaín 2015 no noso colexio. Este ano, un Samaín cheo de  artes e emoción!

Primeiro de nada, un vídeo coas marabillosas cabazas que os nenos elaboraron en colaboración coas súas familias. Con elas, montamos na escola un museo cheo de Artes e emocións. Había pintores, esculturas, algunha obra arquitectónica, protagonistas de contos cos que traballamos as emocións, ... Canto talento, imaxinación e inxenio! De novo, parabéns a todos, fixestes un moi bo traballo!



Para ambientar o noso museo, os nenos de 2º e 1º ambientaron o colexio dun xeito mooooi terrorífico!


Se queredes ver ou descargar as fotos da nosa celebración, so tedes que premer AQUÍ.

Neste día tamén contamos, grazas á ANPA, cos xogos poulares que nos prestaron. Noutra entrada publicaremos algunhas imaxes do ben que o pasamos xogando tradicionalmente ;)

E, para rematar por hoxe, só dar as GRAZAS, de novo, ás familias pola súa colaboración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario