luns, 20 de maio de 2013

A NOSA NATUREZA ANIMADA :)

Ola ratiños, hoxe tócalle o turno ao inglés, bueno ao "English" que seica se di... Tráiovos uns vídeos elaborados cos nenos e nenas de 2º a 4º sobre o seu traballo de investigación dentro do proxecto "O ratiño quere saber... quen vive aquí? Ti que ves pola túa fiestra?" Despois de moito observar, parece ser que dende a aula de inglés o que máis se vía  era a choiva, pero outros días (aínda que poucos este ano...) era o sol, polo que, tras moito pensar, comezaron as conversacións sobre os cambios de tempo, por que se producían estes e ... finalmente, as estacións do ano, que foi o tema escollido. O traballo consistiu en buscar elementos típicos en cada estación do ano e animalos. Convertímolos en personaxes, protagonistas das nosas historias sobre as estacións do ano. Así naceron...
"Autumn, autumn, what do you hear?"
"Winter, winter, what do you feel"
"Spring is here, what do you see?"
E estamos traballando en "Summer, summer, what do you smell"
Como podedes ver, asociamos cada estación a un sentido, co que traballamos así moito vocabulario que tivemos que consultar no dicionario, no computador...
Para o Día do libro elaboramos un libro de cada unha das historias, e ademáis estamos a elaborar pequenos vídeos baseados nas nosas historias.
En relación coa historia "Winter, winter, what do you feel", os nenos de 4º elaboraron esta sinxela animación experimentando coa técnica de Stop Motion.


Ningún comentario:

Publicar un comentario