martes, 23 de abril de 2013

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Ola ratiños! Non pensedes que me esquecín de vós e menos nun día tan especial coma hoxe no que celebramos a miña cousa favorita: os LIBROS! Como xa sabedes, hoxe, 23 de abril, celébrase en todo o mundo, o Día do Libro. A UNESCO escolleu esta data porque casualmente neste día morreron dous dos escritores máis recoñecidos no mundo enteiro, Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Pero, non só iso, neste día tamén naceron ou morreron escritores como Vladimir Nabokov, Josep Pla or Maurice Druon. Por todo isto, o 23 de abril foi a data escollida como día para conmemorar a lectura, os escritores, os ilustradores, as historias... 
Hoxe na biblioteca tivemos unha visita moi especial (que pensabades que non me enterara...), pero diso falaremos outro día! Agora só pasaba por aquí para deixarvos uns modelos de marcapáxinas que preparei para vós como agasallo. Se queredes un marcapáxinas coma o da imaxe só tedes que imprimir o documento que aparecerá premendo nela!.


Biquiños de ratiño de celebración!
PD: Estade atentos ao resto das actividades nesta semana dos libros!

1 comentario:

  1. HAMIN GUSTARIAME QUE OS NENOSS PUIDESEN ESTUDAR FACENDO XOGOS

    ResponderEliminar