luns, 4 de marzo de 2013

NOVAS, NOVAS MOI INTERESANTES!

Ola ratiños!  Hoxe tráiovos unha moi boa nova! Trátase da inauguración do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Este ano, o tema é "A toda máquina", polo que a ambientación está feita con máquinas de distinto tipo e cousas koi curiosas que de seguro paga a pena ver. 
Ademais dunha ambientación xenial, hai unha morea de actividades programadas que podedes consultar premendo na imaxe inferior. Hai actividades durante a semana e tamén na fin de semana, para poder pasar un rato moi entretido aprendendo cousas novas e gozando da maxia dos libros. Coma sempre, hai tamén un espazo no que se pode desfrutar dun ratiño de lectura coa familia, con amigos... Premede no cartel inferior para enterarvos de todas as actividades que vos poden interesar.

 O Salón do libro abriu este sábado 2 de marzo as súas portas, que permanecerán abertas ata o 23 de marzo.
Un biquiño de ratiño lector marchando "A toda máquina"

Ningún comentario:

Publicar un comentario