martes, 15 de xaneiro de 2013

POLO ENTROIDO EN CONMENIÑO...

Ola ratiños! 

Xa está a piques de chegar o Entroido (que rápido pasa o tempo!), e este ano, dende o cole temos unha proposta para vós e as vosas familias. 
Como neste curso estamos a traballar a natureza ("Conmeniño, unha porta aberta á natureza"), queremos que o noso Entroido non vaia en contra dela xerando máis residuos; polo que imos celebrar este ano un "ENTROIDO NATURAL".
A idea consiste en que nas vosas casas, coas vosas familias, deseñedes e elaborades un traxe moi especial, feito con materiais de refugallo (roupa vella, cartón, botellas, papel de xornal, caixas... o que se vos ocurra) e ao mesmo tempo orixinal.
Deste xeito, o día no que imos celebrar o Entroido no cole (8 de febreiro), será un día cheo de sorpresas, xa que teremos a oportunidade de ver o imaxinativos e creativos que fostes todos para elaborar o voso traxe.
O tema dos disfraces é a NATUREZA (plantas, animais, insectos, elementos da natureza...). 
Agora xa só vos queda deixar a vosa imaxinación voar para a todos coa boca aberta deixar!
Déixovos aquí un pequeno vídeo con algunhas ideas que vos poden inspirar, por se as queredes empregar (non son todos traxes inspirados na Natureza, pero poden aportar ideas)


Isto é todo por hoxe, un saúdo de ratiño lector e ata a próxima! A traballar!


2 comentarios: