viernes, 13 de abril de 2012

O DÍA DO LIBRO E CERVANTES

Ola ratiñ@s! Canto tempo sen escribirvos! Que tal foron as vacacións? Espero que o teñades masado pero que moi ben e volvérades con moita enerxía para este tramo final do curso.
Hoxe tráiovos algo de información sobre o día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril. Sabedes por que se escolleu esta data? Pois é porque se conmemora o aniversario da morte de Miguel de Cervantes, o autor da grande obra da literatura española, "El Quijote". E sabedes quen máis morreu neste día? Shakespeare, o escritor inglés autor de grandes obras como "Romeo y Julieta" o "Macbeth", que casualidade, non? dous grandes xenios que nos deixaron no mesmo día.
Para que descubrades algunha cousiña máis sobre este día, déixovos unha actividade coa que poderedes descubrir máis cousas sobre esta data, Cervantes e a súa obra "El Quijote". Só tedes que picar na imaxe de abaixo.


Para todos aqueles que queirades ir coñecendo "El Quijote", déixovos un enlaceno que poderedes escoitar os diferentes capítulos que compoñen o libro.


E para os profes que queiran traballar Cervantes nas aulas, se premedes na súa foto atoparedes unha excelente unidade con moitas ideas.


Ah! E estade moi atentos ao noso blogue e ao de Normalización Lingüística do cole (http://parladoiro.blogspot.com.es/) nos próximos días, imos descubrir que len os vosos profes, os vosos compañeiros... Así que, toca pensar:  Ti, que les?
Despois de tanto tempo, tiña moitas cousas que contarvos, xa vedes... Un biquiño de ratiño lector, vémonos na biblioteca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario