sábado, 12 de setembro de 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015-2016!

 O xoves voltamos ao cole e aí estaban, Ratiño e Ratiña de Conmeniño preparados para o novo curso.

 
 
 Eles, coma sempre, ao seu. Que estarán argallando? Seica isto era unha pista do noso novo PDI, tedes xa algunha idea?

 

Pensade, pensade, e estade atentos para non vos perder nin unha pista!

luns, 22 de xuño de 2015

O NOSO FIN DE CURSO SABOROSO E VIAXEIRO

Os dous últimos días do curso estiveron cheos de emocións, actuacións e sorpresas. Deixámosvos un pequeno vídeo resumo:



Deixámosvos ademais os vídeos das graduacións, e para ver e descargar os vídeos de todas as nosas presentacións (aínda faltan algúns, que iremos engadindo estes días), só tedes que premer AQUÍ.





E se queredes ver todas as fotos destes días, premede na imaxe inferior:


xoves, 18 de xuño de 2015

XA ESTÁ NA RÚA: RAPACES E RAPAZAS Nº 73

Un ano máis, traémosvos a nosa revista escolar, na que atoparedes un resumo da nosa viaxe durante o curso 2014/2015. Agardamos que vos guste.




mércores, 17 de xuño de 2015

A VOLTA AO MUNDO DENDE AS VOSAS COCIÑAS

Como xa vos contabamos aquí, os reporteiros larpeiros de 6º, ao longo do curso foron compartindo con todos nós, a través do blogue, algunhas receitas do mundo para que así todos puidesemos elaborar eses pratos dende as nosas casas.

Coma sempre, os nosos pequechos, xunto coas súas familias, apuntáronse ao reto, e aquí vos deixamos algunhas imaxes das súas aventuras cociñeiras. 



Coma sempre, MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

UNHA DE HISTORIAS

Ola ratiños!
Hoxe tráiovos unhas historias que os nenos de 2º inventaron e queren compartir con todos vós. Mirade que historias tan orixinais e que ilustracións tan fermosas. Parabéns, rapaces!

EL HADA ARCOIRIS


CAPERUCITA DE COLORES


UN PRÍNCIPE RARITO


BARQUICHUELO DE PAPEL


LA PRINCESA ESPACIAL


TALIPÓN, EL OGRO BONACHÓN


TE QUIERO UN MONTÓN


¿QUIÉN HA ROBADO MI TRONO?



martes, 16 de xuño de 2015

DERRADEIRAS RECEITAS DOS REPORTEIROS LARPEIROS

     Así como remata o curso, rematan as viaxes gastronómicas dos nosos reporteiros. 

      Para poñer o punto final, temos dúas receitas orixinarias dos Estados Unidos que nos traen ANXO CAMBADOS e MANUEL CASTRO: un pastel trenzado de froitos secos e unhas tortas americanas.

      Agradecémoslles a todos eles os estupendos pratos e larpeiradas que nos ensinaron a preparar. Foron unha delicia!

Moitas grazas reporteiros!!!
      
 PASTEL TRENZADO DE FROITOS SECOS

fácil   X   para 6 persoas   X   tempo de elaboración: 45 minutos

PRECISAS
1 tixola
1 coitelo


INGREDIENTES
masa de hoxaldre cadrada
améndoas laminadas
noces picadas
dátiles
1 mazá
1 vaso de leite
150 g de azucre
manteiga
caramelo líquido

1. Botamos a manteiga nunha tixola e engadimos os dátiles e a mazá e fritimos todo.

2. Cando estean cociñados engadimos o leite e o azucre, e despois as améndoas e deixámolos dourar.

3. Estendemos a masa e cortámola por dous dos lados opostos en liñas paralelas.

4. Botamos a mestura anterior no centro, sobre a parte que non está cortada; coas partes cortadas, comezamos a facer unha trenza.

5. Quentamos o forno a 180º e metemos o pastel durante 20 minutos, ou ata que a masa estea dourada.

6. Por último, decoramos co caramelo líquido.

Bo proveito!


Comezamos co recheo.


 Mmm... esto está tomando moi boa pinta.


Para rematar, 20 minutiños ao forno.


No almorzo, como sobremesa ou na merenda...
delicioso a todas horas!





TORTAS AMERICANAS

moi fácil  X  para 6 persoas  X  tempo de preparación: 25 minutos

PRECISAS
1 tixola
1 batedor
1 espátula

INGREDIENTES
1 sobre de preparado para tortas
auga (a que indique no sobre)
aceite

1. Mesturamos o contido do sobre con auga e batémolo ben.

2. Para cada torta, quentamos a tixola, botamos unhas gotas de aceite e un pouco do preparado de xeito que cubra o fondo.

3. Deixamos uns segundos para que se cociñen por un lado, dámoslle a volta e cociñámolas polo outro lado.

4. Quitámolas da tixola e... a comer!














luns, 15 de xuño de 2015

OS NOSOS REPORTEIROS PRESENTAN... COMO FACER UN VOLCÁN CASEIRO


       Ola a todos!

       O equipo de Reporteiros Larpeiros estivo experimentando na clase de coñecemento do medio, e quixeron compartir a actividade con todos vós.

       Trátase da construción dun volcán, veredes que divertido!

       Se queredes aprender un pouquiño e pasalo moi, moi ben, prestade atención ao vídeo que nos prepararon.
       

Cómo hacer un volcán casero? from Pilar Santos on Vimeo.

domingo, 14 de xuño de 2015

PRESENTACIÓN PDI: TRAVELLING THE USA

Neste curso, nas clases de inglés contamos co apoio dunha auxiliar de conversa, Chelsea,  unha vez á semana. Chelsea é de Wisconsin, en EEUU, polo que aproveitamos a súa estancia no cole para viaxar ata o seu país con ela. Para despedila e como tarefa final do proxecto, preparamos unha presentación sobre algunhas das cousas que aprendemos sobre o seu país. Aquí vola deixamos!


Se ademais queredes ver o vídeo de despedida que lle preparamos e fotosdo día, só tedes que premer aquí.

sábado, 13 de xuño de 2015

UN ABECEDARIO MOOOI SABOROSO!


Os nenos de 2º, coa colaboración das súas familias, dentro do tema do proxecto anual "A volta ao mundo montados nun prato" elaboraron un abecedario de alimentos en inglés. Aquí volo deixamos para quen lle interese!



Ademais do vídeo, deixámolo na bblioteca do cole para que todos poidades xogar e practicar o inglés con él.



mércores, 10 de xuño de 2015

OS PITIÑOS DE CONMENIÑO

OLA RATIÑO, RATIÑA E A TODOS!
SOMOS OS NENOS DE 5º DE ED. INFANTIL E TEMOS UNHA SORPRESA PARA TODOS VÓS,
COMO XA SABEDES, O MES PASADO TIVEMOS NOVOS AMIGUIÑOS NO COLE. TODO COMEZOU ALÁ A PRINCIPIO DO MES DE MAIO CANDO OS NENOS DE INFANTIL DECIDIMOS INVESTIGAR SOBRE COMO ERA QUE NACÍAN OS PITIÑOS.
PARA INVESTIGAR, DECIDIMOS EXPERIMENTAR. PUXEMOS OVOS NUNHA INCUBADORA:


 E DESPOIS DE 21 DÍAS..., UNHA MAÑÁN CHEGAMOS AO COLE E... SORPRESA!


PUXÉMOLOS NUNHA CAIXIÑA CON COMIDA E UNHA LÁMPADA DE CALOR.



E DE COIDALOS TAN BEN MEDRARON MOI RÁPIDO. OS NENOS DE INFANTIL DÉMOSLLES MOITOS MIMOS E CADA DÍA OS IAMOS SAUDAR E A VER COMO ÍAN CAMBIANDO.




COMO MEDRARON TANTO, DESPOIS DE DÚAS SEMANAS, TIVEMOS QUE LEVALOS A UNHA CASA PARA QUE TIVERAN UN XARDÍN POLO QUE PASEAR E NO QUE XOGAR. E HOXE TEMOS UNHAS FOTOS DOS PITIÑOS PARA QUE TODOS POIDADES VER COMO VAN MEDRANDO. AÍ  VAN!





PARECE QUE POR OURENSE TAMÉN OS ESTÁN COIDANDO MOI BEN. 
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN AS FOTOS A TODOS. 
SAÚDOS DE PARTE DOS NENOS DE INFANTIL!
AH! E SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS, PREMEDE AQUÍ.

martes, 9 de xuño de 2015

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: ALIMENTOS DO MUNDO


Neste 3º trimestre, o ratiño e a ratiña propuxéronnos investigar sobre alimentos do mundo descoñecidos para nós.
  
 Cada dous martes nos deixaban un novo alimento sobre o que investigar.



E nós fomos completando os nosos libriños de alimentos do mundo coa información que iamos descubrindo. Premendo na imaxe inferior poderedes acceder aos libriños imprimibles e descargalos. Son diferentes segundo o nivel.


Cantos sabores do mundo descubrimos!

US MONUMENTS

Na nosa volta ao mundo  montados nun prato, os nenos de 4º, levaron a cabo unha pequena investigación sobre monumentos do mundo. Abraiados co que viron, decidiron desprazarse ata algún deles para falarnos de que son, onde están, canto miden...
 Para ver ata onde viaxaron, escoitar o que nos contan e practicar un pouco de inglés, só tedes que ir premendo nas estrelas do seguinte mapa interactivo.