venres, 30 de maio de 2025

Conto colaborativo pola semana do libro

Un conto creado entre todos e todas! 📖✨

Durante a Semana do Libro, puxemos en marcha a creación dun conto creativo e colaborativo, enmarcado no noso PDI centrado na literatura.

O alumnado de 3º foi o encargado de dar vida á historia inicial: inventaron a idea principal e ilustraron os primeiros personaxes e escenarios. A partir de aí, cada curso do centro foi continuando a historia, engadindo novas aventuras, xiros inesperados e moita imaxinación.

O resultado foi un conto único, feito a moitas mans, no que cada grupo deixou a súa pegada. Un proxecto que puxo en valor a creatividade, o traballo en equipo e, sobre todo, o pracer de crear e compartir historias.

Porque cando lemos… vivimos mil vidas! 


Semana sen fume... sobre rodas! 🛴

 Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), chega a Semana sen fume sobre rodas!


Cada curso terá o seu día para vir cun medio de transporte sostible: bici, patíns, patinete... sempre con casco, rodilleiras e coderas, se os tedes!

Movémonos sen contaminar, porque pequenas accións fan grandes cambios!

mércores, 28 de maio de 2025

NOVIDADES E RECOMENDACIÓN DE LECTURA

Aqui vos deixamos unha recomendacións de libros de lectura para o verán, que podedes atopar na biblio do cole.

luns, 26 de maio de 2025

Búsqueda do tesouro

 Na área de Educación Física, o alumnado de 3° participou nunha divertida busca do tesouro organizada pola mestra en prácticas que nos acompañou durante o curso. A actividade desenvolveuse na clase da profe Belén, polo patio, e foi todo un éxito: nenas e nenos gozaron ao máximo resolvendo pistas e colaborando en equipo. ¡Moitas grazas por esta experiencia tan especial profe Arantxa!

 


 

 



Imprenta artesanal e creatividade coa Biblioteca Creativa

 A semana pasada visitounos Alouette Machine, unha imprenta itinerante que recupera a técnica artesanal da tipografía. Dentro do proxecto de Biblioteca Creativa, realizamos un obradoiro práctico no que participou todo o alumnado do centro, desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria.


Durante a actividade, as nenas e nenos puideron experimentar co deseño e a impresión manual, empregando letras de madeira e tintas sobre papel. Cada grupo achegou a súa creatividade para contribuír á decoración dun novo espazo común no centro, pensado para favorecer a cohesión de grupo, o benestar emocional e a convivencia.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que mesturou expresión artística, traballo colaborativo e aprendizaxe significativa. Moitas grazas a Alouette Machine por acompañarnos nesta aventura creativa!

 

 



Tedes máis vídeos no Instagram do cole. 

Este foi o resultado final das nosas impresións:

As familias, teñen algo que ensinarnos

 Queremos agradecer á mamá de Thiago, Valentina e Alba que ao longo deste trimestre achegáronse á aula de 5 anos para realizar obradoiros artísticos co alumnado. Foron actividades creativas, divertidas e moi enriquecedoras, nas que a arte e ás emocións serviron de ponte entre escola e familia. Grazas por compartir o voso tempo, entusiasmo e saber facer!











venres, 16 de maio de 2025

Día das Letras Galegas

 Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas cunha xornada de convivencia no CEIP As Bizocas. Gozamos coa actuación das cantareiras Abiñadoira de Sanxenxo, e xuntos cantamos, tocamos e bailamos unha canción preparada previamente. 

Foi un encontro cheo de emoción, onde a lectura saíu das páxinas para converterse en música, movemento e comunidade.

Durante esta xornada:

  • Falamos do libro e do legado das cantareiras na nosa cultura.

  • Cantamos, tocamos e bailamos todos xuntos unha canción tradicional galega, sentindo a forza da unión e da tradición.

  • Reflexionamos sobre o valor da música como forma de expresión, de resistencia e de celebración colectiva.

Foi unha experiencia inesquecible onde, máis alá da lectura, compartimos vivencias, risos e emocións, mantendo viva a memoria e o espírito das cantareiras galegas que tanto teñen contribuído á nosa identidade.

“Canta, miña compañeira” converteuse así nunha chamada a seguir cantando, a seguir unidas e unidos arredor da nosa lingua e das nosas raíces.


Para rematar, participamos nunha divertida busca do tesouro internivel, organizada polo alumnado anfitrión. Como agasallo, levamos para casa un fermoso chaveiro feito por eles/as. Un día cheo de música, colaboración e amor pola nosa lingua e cultura! 📚🎶

luns, 5 de maio de 2025

Día Internacional contra o Acoso Escolar

 Con motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, o 2 de maio, o alumnado de 1º traballou na aula o conto "Aloia e a súa estraña dor de barriga", escrito por unha compañeira do colexio de Bizocas. A través desta historia achegámonos ao tema do acoso desde a mirada da empatía, o respecto e a importancia de falar do que sentimos. Un recurso valioso para educar en convivencia, coidado mutuo e prevención.