sábado, 30 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Por aquí vos deixo un pequeno resumo do alumnado de 1º curso, no mes de novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares.

venres, 29 de novembro de 2024

FRIDA KAHLO para concienciar sobre o 25 de novembro

 O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller e interdisciplinarmente coa área de Educación Plástica, decidiuse traballar a través de Frida Kahlo, unha das artistas máis representativas do empoderamento feminino nun contexto artístico de loita pola individualidade da muller e pola liberdade creativa.

A partir de aquí elaboramos un certame de fotografía, que nos servise para investigar e falar, así como para caracterizarnos igual que a artista.


Por aquí pódese ver o creativos e creativas que foron os nenos/as, pero tamén as súas familias. Unha vez máis, gracias pola vosa participación.  



 


Ademais, o alumnado creou unhas flores de origami para regalar e intercambiar co resto de compañeiros no patio.
 


 

 

 

 

mércores, 27 de novembro de 2024

25N - MAFALDA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O alumnado de 3º de Educación Primaria aproveitou a figura da famosa personaxe Mafalda para traballar o día Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Escribimos as frases que antes traballaron na clase de Educación Artística.

 

 

venres, 22 de novembro de 2024

Teatro organizado pola Biblioteca do Concello

A continuación, vos deixo un par de actividades ofertadas polo Concello, que nos permiten achegarnos un pouquiño máis á importancia de ler, escoitar... baixo o lema do TEATRO.
Nun primero momento, as compañeiras da biblioteca achegáronse ao noso centro para contarlle ao alumnado de Educación Infantil o conto "Circo de pulgas"






Nesta outra ocasión, todo o alumnado do centro desprazámonos á propia biblioteca do Concello para poder gozar da representación teatral "A libraría máxica"

 

xoves, 21 de novembro de 2024

20 de Novembro, Día Universal da Infancia

O 20 de novembro, conmmemórase o Día Universal da Infancia e este ano, en relación cos obxectivos da Axenda 2030, queremos sumarnos á iniciativa da ASEAF do Día do Pixama, na que toda a comunidade educativa acudirá ao centro en pixama para dar visibilidade aos case 17.000 nenos e nenas que crecen en centros de acollida en España. 

O pixama, neste caso, simboliza  momentos icónicos e entrañables do día como unha cea en familia, o conto antes de durmir, un bico de boas noites... e para ti, que representa? 


Por aquí vos deixamos un vídeo da xornada, como non podería ser doutra forma, xogando, un dereito dos nenos e das nenas.


Ademais, no 3º curso aproveitaron para falar dos distintos tipos de familias a partir do conto "Unha chea de familias". Describiron como é a súa familia e fixeron fincapé na importancia de ter unha familia, da igual o tipo que sexa.


 



 

OLLARTE: MES DE NOVEMBRO

Como ben sabedes, o noso PDI está relacionado cos distintos tipos de ARTE e logo de semanas de investigación, o alumnado de 5º de Educación Primaria presenta a súa proposta de actividades.

Polo tanto, xa que o vindeiro 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, podedes ver e traballar a partir das seguintes actividades:

Que vos parecen?


Pequenos/as artistas

Pequenos/as artistas traballando con arte o que máis lles gusta, os dinosaurios! 







martes, 19 de novembro de 2024

XOGOS POPULARES

 Semana de xogos populares e tradicionais prestados polo concello do Grove. Detrás desta gran colección está Cándido Mascato, autor da boa parte dos 130 xogos que forman a extensa e completa colección do concello meco.

Mestras/es, nenas/os, persoal do centro... todos aproveitamos e gozamos dos xogos volvendo ás nosas raíces e sen esquecer que todas e todos temos dereito a XOGAR!

Ademais, fixemos as xornadas de xeito internivel, polo que todas e todos gozaron cos seus compañeiros/as!

luns, 18 de novembro de 2024

Exposición temática do mes de novembro

 A nosa exposición temática do mes de novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares e 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.


domingo, 17 de novembro de 2024

Teatro Abanca Fundación

 O alumnado de 1º e 2º curso, tivo a sorte de ir ao teatro a Pontevedra a ver "Ninja", unha obra que aborda a problemática do acoso escolar a través dunha historia que reflexiona sobre o respeto, o apoio mutuo e a diversidade, atendendo aos obxectivos que promove a Axenda 2030 e que estamos a incidir este ano.

 



sábado, 16 de novembro de 2024

O outono

O alumnado de 1º ten moitas cousas que contarnos sobre o outono... 
Fai clic no vídeo para coñecer cantas cousas teñen que contarnos sobre o outono e encherte de ledicia escoitándoos! 

venres, 15 de novembro de 2024

CROS MONTALVO 2024

 O pasado mércores, 13 de novembro tivo lugar a carreira de Cros en Montalvo. Foi unha xornada moi emocionante, levamos moitos premios e gozamos moito animando ás compañeiras e aos compañeiros. Sen dúbida, foi o mellor!
Por aquí vos deixo un pequeniño resumo, xa que foi un non parar!

CLUB DE LECTURA 24-25

 Benvidas e benvidos ao noso Club de Lectura!

Este ano, con moita ilusión,  sumamos un novo proxecto a nosa biblioteca, un Club de Lectura, e estamos moi orgullosas e orgullosos de presentárvolo, aínda que... hoxe soamente foi o comezo. 

Agora toca poñerse mans á obra, crear un logo, buscar o libro que queremos ler... así que vos iremos contando e ensinando por aquí cando teñamos  novas noticias.

 


O alumnado participante son as nenas e os nenos de 3º e 4º curso. Por aquí vos iremos deixando unhas imaxes das actividades que vamos realizando. No primeiro encontro, elaboramos o logo e buscamos un nome que resepresentase o noso Club de Lectura:

  


 


Logo, fixemos unha votación do logo gañador e este foi o resultado:

 

Os libros escollidos no primeiro trimestre foron: "Meu irmán o xenio" de Rodrigo Muñoz Avia e "Somos os monstros" de Paula Carballeira.


- Presentación "Somos os monstros" de Paula Carballeira e "Meu irmán o xenio" de Rodrigo Muñoz Avia

Para presentar os libros, presentouselle ao alumnado  un xogo de pistas para atopar o libro na biblioteca do centro. 

Unha vez atopados, continuose cunha actividade que consistía en facer un deseño diferente da portada de dito libro.


A continuación vanse ir deixando recollidas un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo tendo como base os distintos libros:

"Meu irmán o xenio"

Aproveitando a lectura, fixemos unha actividade centrada no benestar emocional. Inspirámonos no personaxe protagonista e fixémonos unha pregunta: en que somos xenios nós mesmos?

Moitas veces é fácil fixarse no que non se nos dá ben, pero nesta ocasión decidimos poñer o foco nos nosos puntos fortes, nos talentos que cada un de nós posúe, por pequenos que parezan.

Durante a actividade:

  • Compartimos en grupo aquelas cousas que se nos dan ben ou que nos fan sentir orgullosos de nós mesmos.

  • Fixemos unha especie de mural ou nube de palabras coas nosas “xenialidades”: desde saber escoitar, ata debuxar, escribir historias, facer rir aos demais ou ter moita imaxinación.

  • Falamos de como recoñecer e valorar estas capacidades mellora a nosa autoestima e nos axuda a sentirnos mellor connosco mesmos e cos demais.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, onde todos aprendemos algo novo sobre nós e sobre os compañeiros. Meu irmán o xenio serviunos como punto de partida para descubrir que todos, dalgunha maneira, temos algo de xenios.

 

Actividade artística: “Debuxando o libro”
Noutra sesión, puxémonos creativos. Nun papel continuo colocado na biblioteca, cada persoa escolleu unha escena ou momento do libro e representouna con debuxos. Pintamos entre todos e creamos un mural colectivo que agora decora o noso espazo de lectura.

Houbo ilustracións de escenas emotivas, momentos divertidos e imaxes que quedaron gravadas na nosa memoria como lectores. Esta actividade foi unha maneira diferente de conectar coa historia, poñendo en xogo a imaxinación e a expresión artística.

 

 

"Somos os monstros"

- Representación da 1ª escena

Comezouse coa presentación dos personaxes ademais da lectura e proba de representación da primeira escena. A esta actividade únese tamén a realización dun marcapáxinas, que axudará a pautar a lectura sesión a sesión. 





- Representación da 2ª e 3ª escena

Comézase xa coa segunda escena, facendo por suposto un repaso da primeira xa traballada. Xunto a isto, dase unha sesión a maiores onde o alumnado deseñou un contrato coas normas para poder participar no Club de lectura.



- Representación da 4ª e 5ª escena

Continuamos con dúas escenas máis e chega o momento de darlle un pouco de realidade a estás representacións, como? Deseñando os nosos antefaces de Monstro grande e Monstro pequeno, uns dos personaxes. Gústavos?

 


- Continuamos coas representacións

"Somos os monstros" deu a posibilidade de xogar moito, poñendo voces, correndo, saltando... E así o vivimos en cada unha das representacións nas sesións do Club de lectura.




- Agora si,  "Nós" Somos os monstros

Como peche da lectura de Somos os monstros, chegou o momento de transformarnos en Monstro Grande e Monstro Pequeno.





Disfraces literarios no club de lectura

No club de lectura decidimos facer unha actividade diferente: disfrazámonos dos nosos libros favoritos. Cada un de nós escolleu un personaxe ou escena que lle gustase moito e preparou un disfraz relacionado coa súa lectura preferida.

Foi un día moi divertido onde compartimos os nosos libros e personaxes favoritos, ademais de pasalo ben xuntos.



Aquí está a foto dos nosos disfraces literarios. Como podedes ver, a nosa biblioteca estivo chea de personaxes de contos, aventuras e moita imaxinación.Novo trimestre, nova aventura: comezamos con Escarlatina, a cociñeira defunta

No club de lectura da biblioteca escolar arrancamos o segundo trimestre cun libro cheo de sabor, misterio e moito humor: Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Unha historia que mestura maxia, cociña e un toque moi peculiar... do máis alá.

Esta lectura promete levarnos a un mundo subterráneo cheo de personaxes incribles, receitas pouco habituais e situacións disparatadas que nos farán rir, sorprendernos... e quen sabe se tamén abrir o apetito.

Nestes primeiros encontros:

  • Comezamos a coñecer aos protagonistas e as súas primeiras aventuras.

  • Compartimos primeiras impresións e hipóteses sobre o que pode pasar.

  • Fixemos algunha que outra reflexión sobre a morte, o humor e a imaxinación na literatura.


Finalizamos a lectura cunha receita, interdisciplinarmente coa área de inglés: 

 

 

 

 



Canta, miña compañeira: Unha xornada de convivencia con ritmo, tradición e amizade

Este trimestre, o noso club de lectura tivo a sorte de ler Canta, miña compañeira, un libro que nos mergullou na historia, na música e na forza das mulleres galegas a través das cantareiras. Unha lectura que encaixa perfectamente co espírito das Letras Galegas, coa tradición oral e co poder da cultura compartida.

Para celebralo, vivimos unha xornada moi especial de convivencia co club de lectura do CEIP As Bizocas. Foi un encontro cheo de emoción, onde a lectura saíu das páxinas para converterse en música, movemento e comunidade.

Durante esta xornada:

  • Falamos do libro e do legado das cantareiras na nosa cultura.

  • Cantamos, tocamos e bailamos todos xuntos unha canción tradicional galega, sentindo a forza da unión e da tradición.

  • Reflexionamos sobre o valor da música como forma de expresión, de resistencia e de celebración colectiva.

Foi unha experiencia inesquecible onde, máis alá da lectura, compartimos vivencias, risos e emocións, mantendo viva a memoria e o espírito das cantareiras galegas que tanto teñen contribuído á nosa identidade.

“Canta, miña compañeira” converteuse así nunha chamada a seguir cantando, a seguir unidas e unidos arredor da nosa lingua e das nosas raíces.


Peche do Club de Lectura: unha despedida con agarimo e reflexión

O noso Club de Lectura chegou ao final deste curso cun encontro moi especial. Durante os últimos meses, o alumnado participante compartiu lecturas, emocións e ideas, descubrindo o pracer de ler en compañía e creando un espazo de diálogo e imaxinación.

Na última sesión, quixemos agradecerlles a súa implicación cun pequeno detalle simbólico, recoñecendo así o compromiso, a constancia e o entusiasmo que amosaron en cada encontro. Ademais, completaron unha pequena enquisa para valorar a súa experiencia no club: o que máis lles gustou, o que aprenderon e mesmo propostas para mellorar nas vindeiras edicións.

Foi un momento de celebración, pero tamén de reflexión e despedida. Grazas a todos e todas por formar parte desta viaxe literaria. Xa estamos desexando volver encontrarnos con novas lecturas e novas aventuras o curso que vén.