Feliz verán ☺
domingo, 30 de xuño de 2024
Recomendacións de lectura para o verán
Xogos Olímpicos en familia
Ola familias, déixovos por aquí un resumo da nosa Cerimonia de Clausura dos Xogos Olímpicos, cuns xogos en familia, merendas e a animación do noso DJ.
Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación, un ano máis, e estar á altura ao longo do curso, sen vós non sería posible!
Feliz verán e ata pronto 💖
Presentación da xornada:
Fotos da entrega de medallas:
Gañadoras do concurso de fotografía
Por aquí vos deixamos unhas fotos das nosas gañadoras do II Concurso de Fotografía "Ollarte: mirei ao ceo e vin..."
Alba Lois, de 4 anos, co "Grove nas nubes" e Eva Radío, de 1º curso, co "Tiburón".
Grazas a todas as familias por participar, para o vindeiro ano, máis e mellor!
martes, 25 de xuño de 2024
II REVISTA ESCOLAR
Xa está aquí o derradeiro número da revista "A voz de Conmeniño".
Podedes vela na seguinte presentación ou acceder a través do código QR que aparece ao final da entrada.
Agardamos que vos guste, que gocedes moito coa lectura e que rememoredes coa cativada cada unha das experiencias vividas.
Felices vacacións!
As Herbas de San Xoán
Achégase a noite de San Xoan, a máis curta do ano.
Xa tedes todo preparado para facer o cacho?
O alumnado de 4º de EP investigou sobre as 7 herbas que cómpre recoller, cos usos e propiedades máxicas de cada unha delas, así como as instrucións para facer o cacho e como conseguir que a noite meiga faga a súa maxia.
Resultado do concurso de fotografía
Xa temos gañadoras do concurso de fotografía "Olladas: Mirei ao ceo e vin..." 🥁🥁🥁
O primeiro premio é para Alba Lois, de 5º de EI.
O Grove nas nubes
xoves, 6 de xuño de 2024
5 XUÑO- Día mundial do medio ambiente
Batida de limpeza na praia da Lavaxeira
Moitos de nós pasamos as tardes de verán na Lavaxeira, vendo como ano tras ano o mar devolve todo o lixo que producimos as persoas.
Unha vez máis, puxemos o noso gran de area para limpar a nosa contorna, concienciéndanos da importancia de contribuir a manter os espazos naturais limpos.
Ogallá chegue o día no que non teñamos que facer batidas de limpeza e poidamos ir á praia simplemente a gozar da natureza.
Grazas a todas e a todos por facer deste un mundo mellor 💙
mércores, 5 de xuño de 2024
O barco de Pepiño
Un ano máis despedimos o curso cunha visita guiada pola nosa querida Ría de Arousa no Barco de Pepiño.