venres, 31 de maio de 2024

Fotografías do concurso

 Ola artistas!

Estamos moi contentas de anunciar que xa temos as primeiras imaxes do Concurso de Fotografía Olladas: Mirei ao ceo e vin... Imaxes sorprendentes que desvelan historias moi diversas 😍💭

O Grove nas nubes. Alba Lois Silva 5º EI

Mirei ao ceo e vin...unha península. O Grove nas nubes.


😍😍😍

Tiburón nadando no ceo de Rons. Eva Radío Gondar 1º EP


"Eva mirando o ceo dende a ventana da casa, rápidamente atopou a un tiburón coa súa tan representativa aleta dorsal, a boca tan perigosa e a súa cola."

🦈🦈🦈

Coello. Sofía de Pedre 1º EP

 
"Mirando o ceo en Cuntis Sofia atopou un Coello." 


🐰🐰🐰

Aí ven o cocodrilo! Manuel de Pedre 4º EI


"Manuel veu un cocodrilo no ceo de Cuntis e tivemos mooooito medo."

🐊🐊🐊

A miña nube seméllase a unha bonita dragona! Vera Padín González 4º EP


"Se vos fixades pódese ver a forma da súa cabeza, as súas ás e o seu corpo.
Vímola meu irmán máis eu paseando polo porto do Grove. Espero que vos guste!"


🐉🐉🐉

Moitísimas grazas, familias! 😍😍😍

As constelacións co Lapis 3D

 O traballo do espazo que elaborou o alumnado de 1ºEP, coas constelación feitas co lapis 3D.





martes, 28 de maio de 2024

MICRO ABERTO NA BIBLIOTECA

Pola semana das Letras Galegas durante os recreos preparáronse na Biblioteca sesións de "Micro Aberto", para que o alumnado que quixese fose demostrar o seu talento: tocar un instrumento, cantar unha canción, contar un chiste ou mesmo un conto.






luns, 27 de maio de 2024

Enquisa de valoración da Biblio

 Valoramos o uso e funcionamento da nosa biblioteca escolar. Axúdanos a mellorar!

Fai clic no enlace e realiza a enquisa correspondente. Moitas grazas pola vosa colaboración!

https://view.genial.ly/64774be419622600113856b1/interactive-content-enquisa-biblioteca-ceip-de-conmenino


xoves, 23 de maio de 2024

Migallas - Brincadeiras da Lingua

O pasado martes 21 de maio, tivemos a sorte de ter con nós a Migallas, co espectáculo de Brincadeiras da Lingua, para dar a coñecer a variedade e riqueza da nosa lingua a través de recitais tradicionais, connmemorando así, o Día das Letras Galegas. Deixámosvos a continuación un vídeo da actuación:




martes, 21 de maio de 2024

Fases da Lúa 1º e 2º

 Despois de traballar o Universo e todo o relacionado con el, o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria representaron as fases da Lúa, dunha forma diferente, con galletas! 

Unha vez representadas estas fases, cada parella compartiu co resto da clase o seu delicioso traballo!







Disolucións - 2º EP

En Ciencias Naturais, o alumnado de 2º de Educación Primaria está a traballar os materiais, as substancias, as mesturas... A raíz de todos estes conceptos, decidimos experimentar coas mesturas de diferentes substancias e aplicar o método científico. Expomos diferentes hipóteses e, despois de facer a observación do ocorrido, sacabamos difrentes conclusóns. Tamén nos fixemos diefrentes preguntas mentres faciamos os experimentos. Seriades capaces de respondelas?

Que ocorre se mesturas sal e auga?

Como podes separar o azucre da auga? 

E a area da auga? Que obxecto precisarías?






Azucarómetro

  Todo bo deportista debe seguir unha boa alimentación, por eso, o alumnado de 5º de Proxecto Competencial investigou sobre o azúcar que tiñan algúns alimentos. Que vos parece?

Os astrónomos de 1º e 2º

O alumnado de 1º e 2º de Primaria convertéronse en astronautas e prepararon botes espaciais, cun trociño de galaxia dentro. Ao rematar, recibiron un pase VIP da NASA🌚🎇🎆




Dorsais de EI

O alumnado de Infantil está preparando algo moi especial, parecen uns dorsais, para que serán?🏎🛴🚴🛵

Proxectos do alumnado de 1º

Por aquí vos deixamos un conxunto de fotos do alumnado de 1º de Primaria, cos seus proxectos de planetas, Exipto, facendo magdalenas... son uns artistas!


domingo, 12 de maio de 2024

Visita da mamá de Thiago

Na aula de 4 anos, tivemos a sorte de ter con nós a Ana, a mamá de Thiago, que veu facer unha manualidade coa que pintamos sal con xices.  Foi moi divertido e pasámolo xenial!
Moitas grazas Ana 😍