mércores, 28 de xuño de 2023

Mercadillo Solidario

 O pasado 21 de xuño celebramos o Día de Fin de Curso cun Mercadillo Solidario. Foi o noso proxecto final do PDI que levamos traballando ao longo do curso. Este consisitía en vender todos aquelas obras que o alumnado creou durante o curso. 




Os nenos/as de 6º de Infantil tamén fixeron limonada:




















E por último, contamos cun DJ, onde mestres/as, familias e nenos/as pasámolo xenial!







Refuxio de Cambados

 Como sabedes, en relación co noso proxecto, o alumnado de EI traballou co Refuxio de Cambados. Cada un/unha escolleu un can ou un gato e elaboraron carteis para colocar polo concello do Grove.

Logo, Olga, a responsable do Refuxio veu visitarnos e trouxo consigo a uns axudantes moi especiais que levaron consigo unha recollida de alimentos e produtos grazas ás donacións das familias do cole, que unha vez máis, queremos darlles as gracias pola súa colaboración.

Ela falounos da importancia de coidar a un animal e sacalo a pasear, promovendo ir pasear aos cans do Refuxio.





















venres, 23 de xuño de 2023

Revista escolar: A VOZ DE CONMENIÑO

 Ola amiguiñas e amiguiños!


Xa podedes ler A VOZ DE CONMENIÑO, a nosa revista escolar e rememorar todas as experiencias tan fermosas vividas ao longo deste inesquecible curso escolar.



Rematamos este ano cheo de momentos máxicos. Grazas por compartir e vivir esta viaxe con nós. Esperamos que o curso que ven veña cargado de ilusión e novas aventuras por descrubrir.


Apertas de todas as mestras e mestres que tan orgullosos están de vós.


Gozade no  verán para vir con forzas!!

Paraíso culinario

 Ola lectores e lectoras

Hoxe viñemos un pouco famentos e famentas...

O venres 16 de xuño abriunos as portas o prestixioso restaurante “Culler de Pau”. As súas propostas buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, a través de produtos especialmente ecolóxicos e producidos por eles mesmos.

O entorno e a natureza é o camiño gastronómico que os identifica como un lugar único para que o prato sexa especial.








E ata tivemos a oportunidade de plantar...





Queremos agradecer a atención que recibimos. Foi un verdadeiro privilexio ver dende tan cerca o funcionamento do horta, antes de que os alimentos chegen á mesa.

O coidado e o entorno é fundamental.

Grazas, pasámolo xenial!

Navegando pola ría de Arousa

O pasado mércores 14 de xuño fixemos unha viaxe en barco pola ría, onde puidemos descubrir un dos grandes tesouros que temos, que en boa parte define a nosa vila de O Grove, que é  gastronomía.

Dende o porto embarcamos e fixemos varias paradas para ver as bateas de cerca e onde nos explicaban o seu funcionamento co mexillón e a importancia que ten para esta aldea mariñeira. Ademais puidemos observar a través dos cristais a visión submarina, o fondo do mar e os peixes que habitan debaixo dos criadeiros.

Tampouco faltou a música e baile para o desfrute dos rapaces; cantaron, saltaron e ata comeron mexillóns para o deleite do seu padal. Estaban boísimos!
















Dende o cole agradecemos ao "Barco de Pepiño", no que gozamos dunha travesía fantástica, cun ambiente moi divertido e unha atención marabillosa. 

Nesta ligazón poderedes reservar e vivir unha experiencia tan boa como a que tivemos nós.



Do mesmo xeito gustaríanos dar as grazas a familia de Borja e Vera de 3º E.P, pola iniciativa e predisposición de querer compartir con todos nós esta aventura e polo bo trato que recibimos no barco.