Ola de novo, ratiños! Hoxe tamén sodes nova no xornal, aquí vos deixo os enlaces!
mércores, 27 de febreiro de 2013
martes, 26 de febreiro de 2013
OS NENOS DE CONMENIÑO E A PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS
Ola ratiños! Estaba eu tan tranquilo hoxe a ver o telexornal e, de súpeto, apareceu isto! (Premede na imaxe)
O Monte das Flores de seguro vaise convertir nun lugar moi fermoso no que nun futuro atoparemos deliciosas castañas e fungos.
COMO BUSCAR NA REDE
Ola ratiños! Hoxe tráiovos unha presentación moi interesante elaborada por Charo Sánchez e Olga Díaz para aprender a buscar na rede de xeito eficaz. Premede na imaxe inferior e lede con atención!
Interesante, non si? Pois agora, a aplicalo á nosa vida cotiá!
domingo, 24 de febreiro de 2013
MÁIS COUSAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, xa que naceu o 24 de febreiro de 1837. Ademais, este ano cúmplense 150 anos da primeira publicación de "Cantares Gallegos", que motivou que se comezase a celebrar o Dïa das Letras Galegas e que marcou o rexurdimento da lingua galega.
Para que aprendades moitísimas máis cousas desta extraordinaria poeta, deíxovos un libriño dixital no que se fala dela e da súa obra.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Unha actividade LIM creada pola biblioteca da "CAracola Tola" do CEIP Aexandre Bóveda.
E xa para rematar, unha fermosa versión de "Adiós ríos, adiós fontes".
venres, 22 de febreiro de 2013
O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Ola de novo! Este domingo 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, que naceu o 24 de febreiro de 1837. Queredes saber máis cousas desta recoñecida escritora galega? Premede na súa foto para coñecela un pouqiño e descubrir algo das súas obras tamén.
Unha moi boa lectura para calquera momento! Unha aperta de ratiño poeta!
xoves, 21 de febreiro de 2013
ANTES DO ENTROIDO ... O MECO MANDOU!
Ola ratiños, déixovos por aquí xa a última cousa do Entroido, as imaxes do que pasou a semana anterior ao Entroido, cos mandadiños do meco.
Premede AQUÍ se queredes ver máis imaxes . Poderedes tamén descargalas. Un saudiño de ratiño lector!
mércores, 20 de febreiro de 2013
UNS ALMANAQUES MOI NATURAIS!
Ola, ratiños! Aquí vos deixo unha imaxes dos vosos calendarios. Os calendarios que fixestes para un 2013 moi natural!
Podedes descargalas e velas todas premendo AQUÍ.
martes, 12 de febreiro de 2013
E ASÍ FOI O NOSO ENTROIDO NATURAL...
Ola ratiños!
Por fin un pouco recuperado de tanta festa e doce do Entroido no colexio. Aquí vos deixo as imaxes que puiden capturar dos vosos disfraces naturais. Quedei moi impresionado, noraboa polo voso traballo!
E se premedes na imaxe inferior poderedes ver todas as imaxes do Entroido natural de Conmeniño (poderedes tamén descargalas se queredes). Foi un día xenial!
luns, 4 de febreiro de 2013
POLO DÍA DA PAZ...
Polo Día da paz, neste ano que estamos a adicar á natureza, decidimos escribir mensaxes de paz e colgalas decorando as árbores que temos na entrada do cole. Aquñi tendes un pequeno vídeo resumo do noso Día da Paz. Se queredes descubrir todas as mensaxes só tedes que ir á entrada do cole e lelas!
paz2013 from
venres, 1 de febreiro de 2013
ENTROIDO: UN POUCO DE TODO
Aquí vos deixo unha pequena recompilación de recursos para o Entroido: para facer máscaras, deseñar disfraces, aprender cousas sobre esta tradición, información sobre o Entroido galego, xogos, ... Un pouco de todo grazas a moita xente que comparte os seus traballiños na rede. Grazas a todos eles por compartir os seus recursos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)