xoves, 17 de xuño de 2021
xoves, 10 de xuño de 2021
CONCIÉNCIATE CO MEDIO
Bos días a todas e a todos!!
Hoxe presentamos de forma oficial a nosa revista sobre o medio ambiente!!
Como sabedes, ao longo deste curso estivemos traballando cun proxecto titulado "Conciénciate co Medio" en todo o cole, e para finalizalo, confeccionamos unha revista online na que cada aula reflexou unha pequena pizca do traballo realizado ao longo de todo o curso coa súa subtemática.
Agora xa a podedes visualizar e disfrutar dende as casas. Picade no enlace de abaixo para vela, seguro que aprendedes moitas cousas novas para poder coidar o planeta!!
Bicos e apertas,
Gusibot
https://view.genial.ly/60be21a90254a30d66d742d8/dossier-concienciate-co-mediohttps://view.genial.ly/60be21a90254a30d66d742d8/dossier-concienciate-co-medio
domingo, 6 de xuño de 2021
venres, 21 de maio de 2021
venres, 30 de abril de 2021
xoves, 29 de abril de 2021
EXTRA, EXTRA! Últimas novidades
Ola lectores e lectoras!!
Escribímosvos para ensinarvos as ultimísimas novidades da Biblio Conmeniño!!
A partir de hoxe, contamos con novos IPADS que podedes pedir para utilizar nos recreos ou nas aulas, para buscar información, ler libros online, ver contacontos, xogar a xogos educativos... Existen mil posibilidades!!
Ademáis, tamén vos deixamos imaxes das novidades de libros, sabemos que hai algúns que estábades esperando con ganas e xa están dispoñibles!!
Achégate e colle o teu preferido!!
Bicos e apertas de Gusibot
luns, 19 de abril de 2021
FELIZ SEMANA DO LIBRO 📖 📖 📖
martes, 13 de abril de 2021
INTERPRETACIÓN DA ENQUISA DE LECTURA APLICADA AO ALUMNADO DO CEIP CONMENIÑO POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA..
As preguntas formuladas na enquisa foron as seguintes:
1- Gústache ler libros?
2.- Les por obriga ou por gusto?
3.- Cando eras pequeno/a , os teus pais tiñan o costume de ler contigo?
4.- Onde acostumas coller os libros que les?
5.. Pides un libro como agasallo?
6.- Recibes libros como agasallo?
7.- Que xénero literario che gusta máis?
8.- Cantos libros les ao ano?
9.- En que formato les maiormente?
10.- Canto tempo lle adicas á lectura por día?
11.- Cantos días vas á biblioteca por semana?
12.- Practicas lectura e voz alta ou baixa?
O alumnado participante foi do 98%. As alumnas e alumnos de 4º de E.I. non participaron por razóns obvias.
Despois de aplicar a enquisa aos compañeiros/as do colexio podemos dicir o seguinte:
En primeiro lugar chegamos á conclusión de que o alumnado do centro le por gusto, fai unha lectura de xeito agradable; agás no curso de primeiro de primaria, onde se reparte case a partes iguais o gusto e a obriga pola lectura, sendo esta feita de xeito autónomo excepto no período de infantil onde as nais e pais se implican nunha lectura en voz alta cos seus cativos.
En segundo lugar, en canto a procedencia ou lugar de adquisición de libros, concluimos que o alumnado de infantil a cuarto de primaria adoitan coller os libros na biblioteca escolar mentres que os de quinto e sexto prefiren mercalos na libraría debido a distintas razóns:
Os prazos para as devolucións fánselle curtos.
A oferta é limitada en volumes e títulos requeridos por este segmento de poboación escolar.
Podemos afirmar tamén que aparte de adquirir os libros en xeito de préstamo a gran maioría do alumnado recibe libros como agasallo.
En canto aos xéneros literarios de maior éxito entre os nenos e nenas do colexio está o narrativo de aventura, sendo o científico o que menos gusta. En sexto nótase un cambio de tendencia do xénero de aventuras ao de misterio.
A cantidade de libros que se len ao ano, así coma o tempo adicado á lectura está acorde á idade do alumnado, agás no grupo de primeiro, no que a media está por baixo do tempo de lectura recomendada. O formato elixido maioritariamente para ler é o papel, pero podemos dicir que en infantil apreciamos que unha quinta parte do alumnado le en formato dixital. En consecuencia atrevémonos a facer a seguinte predición: se esta tendencia se mantén no tempo á alza, pouco a pouco, poderíase perder a esencia de ler libros en formato papel.
No que atingue aos cursos que visitan a biblioteca escolar, os que máis o fan son os de terceiro e cuarto, sendo a dos demais case unha visita testemuñal.