Animamos a todas as familias do cole a participar nesta nova edición do noso concurso fotográfico, onde o protagonista é o entorno natural que nos rodea 🌿
O obxectivo: capturar con creatividade a beleza, os detalles e a arte que se agochan na natureza.
É unha actividade pensada para facer en familia, gozando do tempo xuntos ao aire libre e poñendo a mirada no pequeno, no fermoso, no que moitas veces pasa desapercibido.
📌 Bases completas na segunda imaxe.
Que non falte a vosa mirada... porque a natureza tamén é arte!
No último día de clase celebraremos unha xornada de portas abertas na que o alumnado e as súas familias poderán gozar dunha experiencia única no noso particular museo.
Durante esta visita, presentarase a exposición do Concurso de Arte na Natureza, unha mostra de traballos nos que o noso alumnado puxo en práctica a súa creatividade, sensibilidade artística e respecto polo medio ambiente. Cada obra é unha pequena fiestra á maneira que teñen de observar e interpretar a natureza que os rodea, convertendo elementos naturais en auténticas expresións artísticas.
Animamos a todas as familias a participar, compartir este momento e descubrir, xunto cos nenos e nenas, todo o que foron quen de crear e aprender ao longo do trimestre. Será unha marabillosa forma de pechar o curso, celebrando a arte, a ciencia e o vínculo co entorno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario