Amosando publicacións coa etiqueta PRESENTACIÓNS TRABALLOS A VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PRESENTACIÓNS TRABALLOS A VOLTA AO MUNDO MONTADOS NUN PRATO. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xuño de 2015

PRESENTACIÓN PDI: TRAVELLING THE USA

Neste curso, nas clases de inglés contamos co apoio dunha auxiliar de conversa, Chelsea,  unha vez á semana. Chelsea é de Wisconsin, en EEUU, polo que aproveitamos a súa estancia no cole para viaxar ata o seu país con ela. Para despedila e como tarefa final do proxecto, preparamos unha presentación sobre algunhas das cousas que aprendemos sobre o seu país. Aquí vola deixamos!


Se ademais queredes ver o vídeo de despedida que lle preparamos e fotosdo día, só tedes que premer aquí.

sábado, 13 de xuño de 2015

UN ABECEDARIO MOOOI SABOROSO!


Os nenos de 2º, coa colaboración das súas familias, dentro do tema do proxecto anual "A volta ao mundo montados nun prato" elaboraron un abecedario de alimentos en inglés. Aquí volo deixamos para quen lle interese!



Ademais do vídeo, deixámolo na bblioteca do cole para que todos poidades xogar e practicar o inglés con él.



domingo, 7 de xuño de 2015

PRESENTACIÓN PDI: EXPLORADORES DE 3º EN... AUSTRALIA

Os exploradores de 3º, coma viaxe final foron ben lonxe, chegaron ás Antípodas, para cumplir coa misión que lles encarara Freddie, a mascota da aula de inglés.

Xa de volta da súa viaxe, quixeron compartir cos compañeiros todo o que descubriran neste incrible país. Aí van a presentación máis o conto que inventaron e que podedes ler na biblioteca!

venres, 5 de xuño de 2015

OS NOSOS TRABALLOS SOBRE O PDI

Estas dúas últimas semanas andivemos ben ocupados presentando os nosos traballiños relacionados co PDI. Pouco a pouco irémolos compartindo por aquí, pero mentres, unhas imaxes do variado dos traballos e do ben que o pasamos descubrindo couss novas na nosa volta ao mundo grazas aos nosos compañeiros. 


Está a ser xenial viaxar todos xuntos!

martes, 2 de xuño de 2015

E PARA REMATAR A NOXA VIAXE... PRESENTAMOS OS NOSOS TRABALLIÑOS SOBRE O PDI (parte I)

Este ano, como tarefa final do noso proxecto anual, propuxemos que durante estas dúas semanas, ás que chamamos Semanas Culturais de Conmeniño, os alumnos do cole  presentasen un traballo relacionado co aprendido na nosa "Volta ao mundo montados nun prato". Deuse total liberdade para o tipo de traballo, o importante era que o alumnado compartise o aprendido para así, entre todos, enriquecer a nosa viaxe.

Así, estamos a atoparnos con actividades moi variadas e sorprendentes. Hoxe deixámosvos coas presentacións dos nenos de Ed. Infantil.

Os nenos de 4º de Ed. nfantil presentáronnos unhas adiviñas moi saborosas, empregando así o tema das froitas escollido na súa clase para traballar neste curso.


Os nenos de 5º de Ed. Infantil levaron á Eiruga Larpeira con eles a Italia e nos contan o que por aquelas terras lle aconteceu:


E os investigadores de 6º de Ed. Infantil tamén se desplazaron ata Italia e tráennos un documental sobre a Torre de Pisa, non vos perdades o que descubriron estes pequenos investigadores!