Amosando publicacións coa etiqueta 4º EP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º EP. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de abril de 2016

ABRIL, MES DOS LIBROS: VISITOUNOS... MARÍA SOLAR



Ola a todos!

Hoxe foi un día especial en Biblioconmeniño, xa que, dentro das actividades organizadas en abril como mes dos libros, visitounos María Solar, a autora do libro que os nenos de 4º a 6º estivemos a ler e traballar "O meu pesadelo favorito".
Sara, Ainhoa, Zayra e Aitana fixeron o cartel para recibila. 

Durante a súa visita falounos das cousas tan especiais que lle trouxera este libro, contounos varias anécdotas moi curiosas, falounos dalgunhas das personaxes... Estivo moooi interesante!
Tamén lle puidemos facer preguntas, foi como unha entrevista de grupo, coa que aprendemos unha morea de cousas que compartiremos con todos vós na revista do colexio máis adiante!
Polo de agora, deixámosvos algunhas fotos desta visita tan interesante.




Moitísimas grazas polo teu libro e pola visita, María, encantounos coñecerte!

martes, 16 de febreiro de 2016

TRABALLANDO O SENTIMENTO DO AMOR POLO DÍA DE SAN VALENTÍN

Ola a todos!
Como ben sabedes o pasado domingo foi o Día de San Valentín, o Día do Amor. Aínda que é un sentimento diario, aproveitamo a data para traballar os diferentes tipos de amor que podemos sentir e adicar unhas palabras a esas perosas que queremos.
Os pequerrechos de 6º de infantil escribiron unhas fermosas tarxetas de San Valentín que podedes ver a continuación.




 Os nenos de 5º e 6º, adicaron unhas pequenas mensaxes de amor en inglés ás súas familias, amigos, ... Podedes ver a primeira parte das mesmas no seguinte vídeo:

Os nenos de 3º, na sección bilingüe de plástica, inspiráronse no artista Piet Mondrian para as súas creacións amorosas. 


 
E os nenos de 4º, traballaron representando co seu corpo algunhas obras relacionadas co amor do artista estadounidense Keith Haring.



Agardamos que tivesedes todos un día cheo de amor familiar!

martes, 9 de xuño de 2015

US MONUMENTS

Na nosa volta ao mundo  montados nun prato, os nenos de 4º, levaron a cabo unha pequena investigación sobre monumentos do mundo. Abraiados co que viron, decidiron desprazarse ata algún deles para falarnos de que son, onde están, canto miden...
 Para ver ata onde viaxaron, escoitar o que nos contan e practicar un pouco de inglés, só tedes que ir premendo nas estrelas do seguinte mapa interactivo.



mércores, 18 de marzo de 2015

GALLETAS DE MANTEIGA DE CACAHUETE, UNHA RECEITA DENDE ESTADOS UNIDOS

Hai unhas semanas, nas clases de inglés, para festexar o día de San Valentín, os nenos de 4º puxéronse mans á obra para elaborar unha saborosa receita coa que gozar desta tradición que en EEUU se chama "Día do amor e da amizade". Cuns poucos ingredientes que todos temos na casa e MANTEIGA DE CACAHUETE, fixemos as sinxelas galletas. Podedes ver a receita no vídeo que tedes a continuación, agardamos que vos guste!

martes, 17 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015: UN ENTROIDO SABOROSO E VIAXEIRO

 Ola ratiños!
Como van esas vacacións de Entroido? Xa queda pouquiño, pero agardo que o esteades a pasar, polo menos, tan ben como o pasamos no noso Entroido Saboroso e Viaxeiro. Para recordalo, tráiovos aquí algunhas imaxes que agardo que vos gusten. 
Nesta pequena presentación poderedes ver a todos os protagonistas da nosa festa: as fresiñas de Infantil, dende reino Unido, os Harry Potter de 1º; as vaquiñas arxentinas de 2º A, os chineses de 2º B, os engalanados manteis de 3º, os cociñeiros larpeiros de 4º, os deuses aztecas de 5º e os reporteiros larpeiros de 6º de primaria! Así vestidos desfilamos ao ritmo da música escollida, e despois degustamos deliciosos postres de Entroido preparados polas nosas familias, ás que, unha vez máis, agradecemos a súa colaboración tanto para facer os disfraces como na elaboración destes deliciosos postres!



Se queredes ver todas as fotos do noso Entroido, só tedes que premer AQUÍ. Ata o xoves!

luns, 16 de febreiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR- VISITAMOS OS MUSEOS CORUÑESES

Ola a todos!
Aquí vos traemos algunhas das fotos da nosa excursión a A Coruña e aos seus museos (Acuario, DOMUS e Casa das Ciencias) o pasado mércores 11 de febreiro. Foi un día xenial do que pronto os Reporteiros Larpeiros de 6º nos traerán a súa interesante crónica.



 Se queredes ver máis fotos, só tedes que premer AQUÍ.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR - VISITAMOS UNHA PANADERÍA


Uns dos obxectivos da nosa "Volta ao mundo montados nun prato" é o de coñecer os alimentos en maior profundidade, así que o pasado luns 19 de xaneiro, despois de ir ao teatro (podedes ver que fomos ver premendo AQUÍ), fixemos unha paradiña antes de voltar ao cole. Fomos visitar a PANADERÍA BESADA, en O Grove. Alí tiñan todo preparado para nos explicar moitas cousas sobre o pan: ingredientes, como se fai, a importancia de consumilo, a súa historia... Foi unha actividade xenial! Se queredes ver algunhas fotos, aquí tedes!









Como vedes, foi unha mañán moi ocupada! En breve, os nenos de 4º, 5º e 6º pasarán polas clases de 1º, 2º e 3º a dar unha charla de expertos para compartir o que descubriron sobre o pan.

DE novo, MOITÍSIMAS GRAZAS Á PANADERÍA BESADA, en O Grove POR CONVIDARNOS E POR TRATARNOS MOI BEN, SAÍMOS DE ALÍ CUN MOI BO SABOR DE BOCA! ;)

luns, 19 de xaneiro de 2015

PARA UN DOCE 2015... CALENDARIOS SABOROSOS!

Como cada ano, dende o equipo de Dinamización da Lingua galega, propuxéronnos facer un calendario para regalar ás nosas familias. Tendo en conta o tema do PDI deste ano, elaboramos calendarios viaxeiros e saborosos! No seguinte vídeo poderedes ver o resultado!Agardamos que vos gusten e que o voso 2015 estea sendo ben saboroso e viaxeiro!

luns, 8 de decembro de 2014

DESEÑAMOS UN LOGO PARA O PDI

Ola ratiños!

Aquí vos traio unha pequena compilación dos logos que deseñastes para o proxecto da biblioteca "A volta ao mundo montados nun prato" Bo traballo e moitas grazas por debuxarnos a ratiña e a min tan fermosos ;)




Os reporteiros larpeiros anunciaron o gañador por megafonía, 


que foi este,


 de Sara Reboredo Rey, de 4º de primaria. Parabéns, Sara!



xoves, 4 de decembro de 2014

XOGANDO E COMENDO POLO MAGOSTO 2014!

Un ano máis, celebramos o magosto, non puido ser no Día de San Martiño por mor da choiva, pero houbo Magosto!

E, como non podía ser doutra maneira, alí estaban os reporteiros larpeiros de 6º para documentar o momento. Deixámosvos aquí o vídeo que prepararon cos diferentes xogos e a castañada!

Agardamos que vos guste!

luns, 1 de decembro de 2014

DE VOLTA POLO MUNDO, PARADA CULTURAL E GASTRONÓMICA EN EEUU- CELEBRAMOS ACCIÓN DE GRAZAS

Ola ratiños!

Neste proxecto anual que nos leva a dar unha "Volta ao mundo montados nun prato", na aula de inglés vin que fixestes unha parada en EEUU. Hoxe tráiovos un pequeno vídeo que recolle o traballiño realizado para conmemorar a festa de Acción de Grazas. Agardo que vos guste. Vin que traballastes un montón e seica o pasastes xenial! Se queredes saber máis sobre todo o que prepararnon os ratiños nas clases de inglés, premede AQUÍ.


E, xa de paso... a nova publicada no xornal Faro de Vigo o pasado venres 28 de novembro que recollía a actividade. Só tedes que premer na imaxe inferior.


Para saber máis de todo o que pasou en Acción de Grazas no nosos cole, premede AQUÍ.
E se queredes ver todas as fotos da festa, premede AQUÍ.