venres, 31 de xaneiro de 2025

CLUB DE CIENCIAS 24-25

 Ola familias, alumnas e alumnos,  O CLUB DE CIENCIAS ESTÁ DE VOLTA UN ANO MÁIS! 

Contámosvos e ensinámosvos toda a información a continuación:

1º Trimestre: durante o primeiro trimestre, no noso Club de Ciencias iniciamos a aventura coa acollida e presentación do club, creando un espazo onde a curiosidade e a aprendizaxe son os protagonistas. A continuación, exploramos a relación entre a música e a ciencia, así como o arte circense, descubrindo como o son, o movemento e o equilibrio están cheos de explicacións científicas que fascinaron aos nosos pequenos científicos.







2º Trimestre: durante o segundo trimestre, o noso Club de Ciencias encheuse de creatividade, aprendizaxe e diversión con experimentos que conectaron a ciencia coa arte e a tecnoloxía. Os nosos pequenos científicos exploraron catro fascinantes áreas: a pintura, a arquitectura, a fotografía e o cine, descubrindo como a ciencia está presente en cada unha delas.






3º Trimestre: neste último trimestre do curso, o noso Club de Ciencias continuou a súa emocionante aventura combinando creatividade, coñecemento e experimentación. Os nosos pequenos e pequenas científicos/as mergulláronse en novas disciplinas, descubrindo a conexión entre a ciencia e diferentes expresións artísticas. Comezamos explorando os segredos da fotografía e a maxia do cine, seguimos coa inxeniosa arte da arquitectura e achegámonos ao mundo tridimensional da escultura. Para rematar, fixemos unha viaxe polo arte en todas as súas formas, recoñecendo como a ciencia pode ser unha ferramenta para crear, interpretar e comprender o mundo que nos rodea. Foi un trimestre cheo de descubrimentos e inspiración!












martes, 28 de xaneiro de 2025

Visita de Noelia Sobrino

 🎨🌟 ¡Descubrindo o talento local! 🌟🎨

Onte tivemos o pracer de recibir a Noelia Sobrino, nai dun dos nosos alumnos, que se dedica á pintura como afección. 🖌️✨ Para Noelia, os cadros son moito máis que imaxes: son sentimentos plasmados con pinceladas cheas de cor.

Amante do realismo, Noelia atopa inspiración nos retos máis complicados e nas marabillas da costa, especialmente na súa querida vila de O Grove . 🌊💙 Foi un privilexio escoitar como comparte a súa paixón pola arte e o que significa para ela pintar.

Ademais, o noso alumnado tivo a oportunidad de facerlle un cadro, demostrando o seu propio talento artístico. 🖼️💝 O momento máis emotivo chegou ao final, cando todos xuntos cantamos unha canción “Color esperanza”, enchendo o ambiente de alegría e inspiración. 🎶✨

Grazas, Noelia, por compartir connosco o teu tempo, paixón e una lección tan fermosa: facede o que vos gusta . 💕🎨


 

 

 

 


Visita de Carlos Álvarez Besada

 O pasado venres tivemos a honra de recibir no noso centro a Carlos Álvarez Besada, un recoñecido artista pintor do Grove. 🌊🖌️ Foi unha experiencia increíble para os nenos e meniñas, que puideron aprender de preto sobre o proceso creativo e as historias que hai detrás das súas obras.


Esta visita enmárcase dentro do noso proxecto anual dedicado ao arte, onde buscamos botar unha ollada aos máis pequenos/as do mundo artístico, fomentando a súa creatividade e sensibilidade.

Grazas, Carlos, por compartir o teu talento e paixón con nós! 💕 Estamos seguros de que inspira a máis dun futuro/a artista. 🎨👩‍🎨👨‍🎨


 

 

Visita de artistas locais- Ollarte

 Aquí tedes as datas coas visitas dos nosos artistas locais 🎨🖌️🖼️🎬📽️

Apetécevos coñecer un pouquiño máis sobre eles/as? Non perdas as nosas novas 🆕💥💡


venres, 10 de xaneiro de 2025

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 Tivemos a honra de contar con Baia Fernández na nosa escola de nais e pais, quen nos brindou unha charla inesquecible sobre como axudar aos nosos fillos e fillas a xestionar as súas emocións. 💖


Foi un encontro cheo de aprendizaxes, reflexións e ferramentas para comprender mellor o mundo emocional das pequeñas e pequeños. 🌈 Grazas por axudarnos a descubrir que cada emoción conta e que educar desde o respecto e a empatía fai unha gran diferenza.

A túa dedicación e as túas palabras quedarán connosco, facendo que este camiño de ser nais e pais sexa un pouco máis consciente e amoroso. 🫶

💬 Ás familias: Lembrade que entender as emocións dos nosos fillos tamén comeza por coidar as nosas propias. ¡Xuntas e xuntos podemos crear un ambiente cheo de respecto e amor!










mércores, 8 de xaneiro de 2025

Lectores de mes decembro

 Ola de novo familias, por aquí vos deixo unhas fotiños dos lectores de mes de decembro: