xoves, 6 de xuño de 2019

Recomendacións audiovisuais en galego

Hoxe queremos deixarvos uns vídeos moi chulos e divertidos sobre diferentes contos que tamén temos na nosa biblioteca.
Son de OQO Filmes e están en lingua galega, durante a semana das Letras Galegas visionamos algúns cos máis pequenos do cole.
Animadevos a velos! Apertas de GusiBot!!

Aquí vos deixamos algúns enlaces:

  • A bruxa regañadentes, sen dúbida, un dos favoritos dos máis pequen@s.
OQO FILMES EN GALEGO - A BRUXA REGAÑADENTES

  •  Corre corre, cabaciña, tres animais e unha avoa son os protagonistas desta divertida historia.
OQO FILMES EN GALEGO - CORRE CORRE, CABACIÑA

  • A tartaruga que quería durmir, un fermoso conto no que a amizade, non deixa pegar ollo.
OQO FILMES EN GALEGO - A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR

  • Cocorico, son varios os contos que hai deste protagonista, aquí deixamos un, o de gato pelado.
OQO FILMES EN GALEGO - COCORICO - GATO PELADO

  • A pota que trota, divertida historia tradicional danesa que nos amosan neste vídeo.
OQO FILMES EN GALEGO - A POTA QUE TROTA

  • Tres desexos, unha historia de tradición oral portuguesa na que se pon en valor o poder dos soños e a felicidade.
OQO FILMES EN GALEGO - TRES DESEXOS

Ademais destes, hai máis opcións no seguinte enlace, con contos como A princesa do Caurel, Mister Corvo, Ollobrusco, Caracois, Loboferoz, O papón, ...
  

 




Mes de xuño

Recordade que durante o mes de xuño a biblio do cole xa non está aberta polas tarde como ata o de agora.
Ademais o vindeiro luns 17 de xuño finalizaremos co servizo de préstamo, para que poidades devolver os libros que tedes nas vosas casas.
Moito ánimo neste remate de curso e felices lecturas!!
Saudiños de GusiBot!!

mércores, 5 de xuño de 2019

I FEIRA DA CIENCIA

O vindeiro 14 de xuño celebraremos un acontecemento moi importante!
A nosa I Feira da Ciencia!
Por iso, gustaríanos convidarvos a que vexades todo o que traballaron os nen@s dos diferentes cursos! Seguro que aprendedes moitísimas cousas con eles e elas!!
Animádevos e visitádenos dende as 9:30!
Apertas de GusiBot!!


luns, 27 de maio de 2019

Sorteo na biblio

O venres tivo lugar un novo sorteo na biblio. Nesta ocasión as persoas gañadoras foron as seguintes:
  • Lara Riveiro Fuentes de 1º de Educación Primaria.
  • Amaya Otero García de 2º de Educación Primaria.
  • Ivana García Costas de 3º de Educación Primaria.
  • Miguel Franco Fernández de 3º de Educación Primaria.
  • Martina Castro Domínguez de 3º de Educación Primaria.
  • Anxo López Gondar de 4º de Educación Primaria.
  • Marcos Lois Pérez de 5º de Educación Primaria.
A continuación tedes unhas fotiños dalgunha das persoas gañadoras.
Lembrade que como cada semana, este venres durante o recreo faremos un novo sorteo. Moita sorte a tod@s e felices lecturas!!
Saudiños de GusiBot!!



Os nosos libros favoritos

Lembrade que dende a semana das Letras Galegas temos en marcha a actividade "Os nosos libros favoritos" que consiste en que fagades a portada ou algún elemento relevante do voso libro ou libros favoritos. Podedes pedir a vosa folla na biblio do cole. Animádevos, xa hai deseños moi bonitos!!
Apertas de GusiBot!!





mércores, 22 de maio de 2019

Novidades inclusivas!

Xa tedes á vosa disposición novidades na nosa biblio!!
Neste caso son libros que inciden nas diferenzas que existen entre nós pero ao mesmo tempo na importancia da igualdade e do respecto da diversidade!
Animádevos a ler algunha destas fermosas historias!

Felices lecturas e unha aperta de GusiBot!!!


Recomendacións lectoras en galego no mes das LETRAS GALEGAS

Xa que no mes de maio se conmemora o Día das Letras Galegas, dende a nosa biblio, ofrecemos algunhas recomendacións lectoras en galego para todos os nen@s. Animádevos a ler na nosa lingua, seguro que descubrides historias que vos atraparán!!

Algunhas das recomendacións son:
  • O meu nome é Skywalker de Agustín Fernández Paz.
  • Icía quere cambiar o mundo de FIna Casalderrey.
  • A festa no faiado de María Victoria Moreno.
  • Contos do paxaro azul de Helena Villar.
  • Un ano de fábula en catro estacións de Uxía Casal.
  • A fuxida dos nenos de Xosé Mª Heras.
  • O soño do Merlo Branxo de Agustín Fernández Paz.
  • As viaxes de Ruki de Ramón Caride.
  • Non o saben as estrelas de Diego Alfonsín.
  • Os bolechas van á peixaría de Pepe Carreiro.
  • As fadas das camelias de Enrique Mauricio.
  • O elefante dunha soa orella de X.H. RIvadulla.
  • A porta dourada de Xelís de Toro.
  • O vestido de Cora de Concha Blanco.
  • As bolboretas douras de Ánxela Gracián.
  • Os bolechas van á biblioteca de Pepe Carreiro.
  • Caderno de lúas de María Canosa.
  • O galo de Antioquía de Carlos Casares.
  • Historia de resurreción do papagaio de Eduardo Galeano.
  • O coello Federico de Xosé Miranda.
  • Anamarciana: Vacacións en Europa de Alberto Varela. 



Sorteo na biblio

Como o venres 17 de maio foi unha data festiva pola conmemoración das Letras Galegas, o sorteo de todos os venres, fixémolo o xoves 16 e as persoas gañadoras foron as seguintes:
  • Unai Álvarez de 1º de Educación Primaria.
  • Irene Torres de 5º de Educación Primaria.
  • Lucas Fernández de 5º de Educación Primaria.
  • Ainoa Castro de 5º de Educación Primaria.
Recordade que este venres no tempo do recreo farase un novo sorteo. Animádevos a pasar pola biblio e coller o voso libro ademais de cubrir o papel co que participaredes no sorteo!

Moita sorte a tod@s e felices lecturas!! GusiBot!



xoves, 16 de maio de 2019

Escritores e libros galegos

Con motivo da conmemoración das Letras Galegas, no cole decoramos as escaleiras con diferentes títulos galegos así como o nome dos seus autores e autoras.
A continuación deixámosvos a división por aulas:

Educación Infantil 3/4 anos:

  • O lápis do carpinteiro de Manuel Rivas.
  • O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey.
Educación Infantil 4/5 anos:
  • A rá chea de envexa de Valentín Arias.
  • Mar adiante de María Victoria Moreno.
1º de Educación Primaria:
  • Follas Novas de Rosalía de Castro.
  • Os dous de sempre de Castelao.
2º de Educación Primaria:
  • Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
  • Leonardo e os fontaneiros de María Victoria Moreno.
3º de Educación Primaria:
  • Os mequiños e a lenda do tempo de Juan Sendino.
  • Ovos duros de Marisa Núñez.
4º de Educación Primaira:
  • Made in Galiza de Sechu Sende.
  • Deíxao medrar de Silvestre Gómez.
5º de Educación Primaria:
  • Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.
  • Os sete coitelos de Xosé Agrelo Hermo.
6º de Educación Primaria:
  • Ás de mosca para Anxo de Fina Casalderrey.
  • A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa.
Aquí vos quedan dúas fotiños de como quedaron. Apertas de GusiBot!!



Sorteo na biblio

O venres pasado tivemos un novo sorteo na biblioteca do noso cole.
Nesta ocasión, as persoas gañadoras levaron todas unha axenda:

Gabriel Ferreiro Méndez de 2º de Educación Primaria 
Flavia  Silva Domínguez de 4º de Educación Primaria
Carmen Montes Rodríguez de 4º de Educación Primaria
Andrea Bea Lois de 6º de Educación Primaria

Hoxe teremos un novo sorteo, xa que mañá venres é o Día das Letras Galegas e non teremos clase.

Saudiños de GusiBot!!!

xoves, 9 de maio de 2019

O Papagaio

Xa temos aquí unha nova edición do Papagaio para este mes de maio!!
Pasade pola nosa biblio para botarlle unha ollada, ten cousas moi interesantes e algunhas delas son de ciencias!! Polo que vos serán de moita utilidade!
Animádevos!!
Felices lecturas e unha aperta de GusiBot!!


luns, 6 de maio de 2019

Calendario das persoas colaboradoras para o mes de maio

Boas a tod@s! Aquí vos deixamos o calendario dos colaborad@s da biblioteca para o mes de maio, lembrade que tamén o tedes na porta da biblio.
Grazas pola vosa axuda e un saudiño!!
GusiBot