Ola ratiños e ratiñas, xa estamos aquí de novo para comezar
este curso con moitas gañas e unha morea de cousas que mostrarvos. Na primeira
actividade do curso os alumnos e alumnas de Conmeniño tiveron que adiviñar cal
sería o proxecto deste ano, neste caso denominado “ Unha viaxe polo espazo”,
onde traballaremos e investigaremos sobre o espazo, os seus elementos e todo o
mundo de sorpresas que nel se agochan. Para descubrilo tiveron que encontrar
diferentes pistas no recinto escolar para poder completar o mural de
presentación colocado na entrada do colexio. A continuación deixámosvos unhas
fotos da actividade. : )
martes, 25 de outubro de 2016
xoves, 30 de xuño de 2016
UN FIN DE CURSO EMOCIONartístico!
Ola a todos!
Pouco a pouco iremos compartindo as nosas actuacións de fin de curso,
pero mentres, deixámosvos con algunhas imaxes do acto de graduación.
Máis fotos premendo AQUÍ.
Deixámosvos tamén os
vídeos cos que despedimos aos nenos de 6º EP e co que os nenos de 6º EI
despediron o seu paso pola etapa de Ed. Infantil.
Se queredes descargar as imaxes do vídeo de 6º EP só tedes que premer AQUÍ.
Se queredes descargar as imaxes do vídeo de 6º EP só tedes que premer AQUÍ.
martes, 21 de xuño de 2016
RAPACES E RAPAZAS Nº 74
Ola a todos!
Xa está na rúa (e nas vosas casas) o último nº da revista "Rapaces e Rapazas", a nosa revista escolar. Deixámosvola a continuación.
Parabéns, rapaces, moi bo traballo!
xoves, 16 de xuño de 2016
EXPLORADORES DE MUSEOS
Polo Día dos Museos (18 de maio), os nenos de 6º fixeron un pequeno traballo de investigación en inglés. En pequenos grupos foilles asignado un museo sobre o que tiveron que, primeiro de nada, procurar información e encher unha folla de recollida de datos.
Despois disto tiveron que deseñar como o ían presentar nun vídeo de presentación coma se estivesen alí. Escribiron o guión do texto a presentar coa información que procuraran, buscaron imaxes para facer de fondo na súa presentación e deseñaron un sinxelo "storyboard".
Con todo isto, comezaron os ensaios, logo as gravacións e as posteriores
montaxes dos vídeos, completamente feitas por eles empregando as
cámaras dos Ipads, a aplicación Green Screen para o efecto croma e o
imovie para a montaxe e edición do vídeo final.
Aquí vos deixamos o resultado do proxecto. Agardamos que vos guste!
Visita ao MET:
Visita ao MET:
Visita ao Guggenheim:
No Walker Art Centre:
No Louvre:
Visitamos o Globe Museum:
No Walker Art Centre:
No Louvre:
Visitamos o Globe Museum:
Visita ao TATE:
martes, 14 de xuño de 2016
mércores, 8 de xuño de 2016
CARREIRA DE ORIENTACIÓN CON ARTE E EMOCIÓN
Este
curso está chegando ao remate, e dende a área de Educación Física puxemos a
proba o aprendido.
Co bo
tempo que nos invita a facer actividades no exterior, este trimestre algúns
nenos de primaria traballaron a orientación, e remataron facendo unha proba na
que tiveron que buscar polo cole todas as preguntas posibles e respostar ás
mesmas.
Asi, correndo,
correndo, e pensando, pensando, sumaron un montón de puntos,
cos que demostrar que ademais de estar en boa forma, aprenderan moooitas
cousas.
As preguntas estaban relacionadas co proxecto anual e
coas diversas áreas.
Todos o fixeron moi ben e aquí temos aos que conseguiron
a maior puntuación.
Noraboa a todos!
luns, 6 de xuño de 2016
reciclARTE
mércores, 1 de xuño de 2016
O NOSO EMOCIONARIO
Ola a todos!
Xa rematando este curso tan emocionante e artístico, presentámosvos o noso Emocionario, no que traballou todo o colexio durante o mes das Letras Galegas e que o Equipo de TIC do colexio montou. Agardamos que vos guste!
Emocionario from TeacherMarta
luns, 30 de maio de 2016
martes, 24 de maio de 2016
VISITOUNOS... GOGUE
O pasado venres 20 de maio, con motivo da Semana das Letras Galegas e no medio da nosa viaxe descubrindo diferentes artes, recibimos na Biblioconmeniño a visita do artista grovense GOGUE.
Nos días previos preparámonos para darlle a benvida. Todos os nenos do cole descubrimos as súas personaxes e practicamos a debuxalos. Cos nosos traballos preparamos uns carteis para recibilo.
Os nenos de 4º prepararon unha presentación coa que todos descubrimos cousas deste artista da vila (compartirémola en breve) e que tamén compartimos con el o día que nos visitou.
Despois disto, fixo tres obradoiros con nós. Aos nenos de Infantil ensinoulles a debuxar animais mariños: centola, peixes, calamar... E, a petición deles, debuxou a Floreano, unha caricatura dalguén triste, dunha persoa enfadada. Agora teñen que colorealos.
Aos nenos de 1º, 2º e 3º B ensinoulles como debuxar a un tiburón que se comía un peixe. Despois eles tiveron que imitalo.
E aos nenos de 3ºA, 4º, 5º e 6º propúxolles facer unha viñeta de Floreano e Monchiña. El debuxounos sen xesto para que cada neno o copiase e completase as súas caras e inventase un pequeno diálogo. E ademais díxonos que cando estivesen rematados viría a velos para escoller un e adicarlle a súa viñeta no Faro de Vigo ao neno que mellor o fixese, qué sorte!
Como non podía ser doutra maneira, asinou o noso libro de visitas para que quede o recordo para sempre.
MOITÍSIMAS GRAZAS A GOGUE POR VIR VISITARNOS, ENCANTOUNOS APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS DO SEU TRABALLO E OFICIO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)