Hoxe, día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller ou Día da Muller traballadora. Por isto, tráiovos o vídeo dun conto de sempre pero un pouco diferente, o título é "El Príncipe Ceniciento". Por que digo que é diferente? Reflexionade sobre esta historia.
Tamén vos deixo uns poemiñas moi divertidos, da autora Carmen Gil cunhas actividades para traballar a súa comprensión.
E para os maiores, aquí tendes a historia dunha cincenta diferente. Lede o conto para saber que lle pasa a esta cincenta do século XXI.
Quedei tan abraiado co voso libro cheo de cartas de amor que non puiden evitar poñelo aquí para compartilo con todo o mundo que queira lelo. Un traballo xenial e cheo de amor polos amigos, pola natureza, ao cole, polos profesores... Pinchade no libro dixital e poderedes ler as cartas sempre que queirades.
Non estou resfriado, non. "Atchiss!" é o título da entrada de hoxe porque vos traio un conto que se titula así. Unha historia para escoitar, ver e traballar a comprensión coas actividades de despois do conto. Noraboa aos blogues "Cuentos de Tihada", "Cuaderno de Colores" e "AulaTic" polo seu xenial traballo e graciñas por compartilo!
Ola ratiños e ratiñas! Como foron esas vacacións de Entroido? Espero que o pasarades moi ben e tiverades tempo de ler un pouquiño. Que circo se montou no cole, con moitos paiasos, forzudos, malabaristas, tigres e domadores, magos e ata unha orquestra puiden ver dende a fiestra da biblioteca, supoño que o pasáchedes de medo!
Hoxe traiovos un lugar moi especial no que poderedes atopar moitos contos. Son historias singulares, xa que tedes que elexir vós como continualas. Pinchade na imaxe inferior para acceder a eles e pasalo de medo con estes contos interactivos.
Ola ratiñ@s!!! Como van esas vacacións? Aquí vos deixo un conto con actividades sobre o Entroido. Que ten de especial ademais de ser unha lectura xenial? Que os seus protagonistas son ratiños coma min, lede e desfrutade!
Ah! e está en galego e en castelán. Moitas grazas á profe Ana Martínez Rey por compartir este grande traballo.
Ola ratiños!!! O próximo martes 14 de febreiro celébrase o Día de San Valentín, que é un día adicado ao amor, ao amor que se pode sentir polos amigos, á familia, a natureza, os libros, as cousas que nos gustan... Verdade que todos e todas estades namorados de algo e alguén? Eu estou namorado do queixo, e tamén dos libros, que son as miñas dúas cousas favoritas neste mundo. Precisamente nos libros, dende as grandes obras da literatura universal ata os contos, atopamos grandes historias de amor; senón me credes, vinde á biblioteca e atoparedes moreas de libros que alan do amor. Aquí vos deixo un destes contos, o de "Crocodilo Namorado", o conto para escoitar e algunhas actividades para traballar despois.
Ola ratiños!!! Que xa vin a que se está a formar no cole, cantos disfraces, canta festa! Por aquí vos deixo unhas cousiñas de Entroido para ler, xogar, aprender, ... e desfrutar!
Para aprender cousas do entroido en Galicia, premede nos peliqueiros:
Un conto con actividades sobre o Entroido nunha carballeira premendo na imaxe de abaixo (podedes escoitalo en galego e castelán):
E aquí tendes moitas máscaras para imprimir, colorear e a todos abraiar!
Ola ratiños! Mirade que vídeo tan fermoso atopei, se é que cando eu digo que os libros son máxicos... Por iso me gusta a min tanto vivir na biblioteca, todo o día rodeado de libros, canta maxia ao meu redor!
Ola ratiños e ratiñas! Como o día da Paz xa está aí, déixovos este fermoso conto moi axeitado para calquera día do ano, pero especialmente para esta data na que celebramos no cole o Día da Paz e Non Violencia. Despois de escoitar o conto podedes facer as actividades relacionadas coa historia. Moitas grazas á profe Belén Junquera por este grande traballo.