domingo, 29 de xaneiro de 2012

CONTOS QUE FALAN DE PAZ

Ola ratiños! Hoxe vos traio estes outros dous contos nos que se nos fala da paz e o seu significado.

Para comezar, o conto "Me llamo Paz", lede a historia para coñecer a esta nena tan especial.


E un conto escrito pola xenial Gloria Fuertes, "La Avestruz Troglodita".

venres, 27 de xaneiro de 2012

UN CONTO QUE FALA DE PAZ

Ola ratiños e ratiñas! Como o día da Paz xa está aí, déixovos este fermoso conto moi axeitado para calquera día do ano, pero especialmente para esta data na que celebramos no cole o Día da Paz e Non Violencia. Despois de escoitar o conto podedes facer as actividades relacionadas coa historia. Moitas grazas á profe Belén Junquera por este grande traballo.

mércores, 25 de xaneiro de 2012

O DÍA DA PAZ

Ola ratiños e ratiñas! Hoxe estiven a dar unha volta polo cole e vin que xa hai por aí algunha pomba voando, e claro, é que o próximo luns 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Paz e non Violencia. Esta data vense celebrando dende 1964 para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi. Picando na imaxe de abaixo atoparedes un montón de actividades para traballar sobre este día. 


E aquí vos deixo unhas actividades para os ratiños mais pequenos.

 
E xa para rematar por hoxe, un abecedario da paz que quero compoartir con todos vós. 
 
 
Coma sempre, ratiños, boas e pacíficas lecturas, e ata a próxima!

mércores, 18 de xaneiro de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola ratiños!!! Hoxe traiovos un aviso/recordatorio. Acordádevos que as mochilas viaxeiras xa saíron da biblioteca. Agora están nas vosas casas, cada semana na casa de un de vós, para que disfrutedes coas súas historias e nos contedes o que vos pareceu. Non vos esquezades de traelas de volta o martes para que poidan partir rumbo cara un novo destino. Espero que disfrutedes e viaxedes moito coas historias que levan dentro. Boas lecturas viaxeiras!!! Ah, e aquí vos deixo unhas imaxes dos primeiros en disfrutar desta experiencia.



mércores, 11 de xaneiro de 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola ratiños e ratiñas!!! Que tal vai o novo ano? E que tal foi a volta ao cole? Eu estou encantado de que esteades de volta, e de ter compañía na biblioteca. Non sabedes o frío que está o cole cando non estades... Bueno, hai días, coma hoxe, en que vai frío igualmente, que mañá tan blanca tivemos hoxe!!! É que claro, o inverno xa está aquí, e con el chega o frío. Precisamente do frío vos traio hoxe un conto, o de Don Fresquete, queredes coñecelo? Mirade o vídeo no que se nos conta a sua historia e despois, premendo na imaxe poderedes facer unhas actividades moi divertidas sobre o conto. Boa lectura, ratiños!
   O Ratiño de Conmeniño :)

mércores, 28 de decembro de 2011

CARTAS AOS REIS MAGOS

Ola rapaces! Atopei polo cole estas fermosas cartas aos Reis Magos, e pareceume boa idea compartilas con todos os ratiños e ratiñas de Conmeniño. Bo traballo, rapaces de 6º. Só pinchade na imaxe e as poderedes ver en grande.

Espero que esteades pasando unhas moi felices vacacións.

xoves, 22 de decembro de 2011

O APALPADOR

Ola ratiños e ratiñas! Como foi ese primeiro día de vacacións? Non vos preocupedes que eu quedo coidando o cole. Hoxe, aproveitando que o cole estaba tan silencioso tiven moito tempo para ler; e lendo lendo, a que non adiviñades o que descubrín? Descubrín que aquí en Galicia tiñamos a nosa propia figura do Nadal antes de que chegase o Papá Noel. Chamábase "O Apalpador", e tamén ía polas casas dos nenos a noite do 24 de decembro. Queredes saber a que? Pinchade na sua foto para saber máis sobre el e facer unhas divertidas actividades sobre o seu conto.


venres, 16 de decembro de 2011

CHEGA O NADAL...

Ola ratiños lectores!!! Hoxe déixovos por aquí uns xogos de Nadal cos que poderedes pasar un rato divertido nestas festas. Poderedes escribir cartas, cantar cancións, ler contos de Nadal, ... Pinchade no ratiño para xogar!

luns, 12 de decembro de 2011

E ASÍ QUEDOU O MURAL DO OUTONO!

Ola patiños e ratiñas de Conmeniño! Aquí vos deixo unhas imaxes do mural cos vosos traballos de outono. Que parede máis chula temos agora na biblioteca! Biquiños sabor a queixo para todos e todas!




martes, 6 de decembro de 2011

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Ola rapaces! Hoxe é martes e non viñéstedes ao cole. Investigando, investigando e lendo e lendo descubrín que é porque hoxe día 6 de decembro se celebra o Día da Constitución. Aquí vos deixo un contiño sobre este día e que é a Constitución. Grazas aos responsables do blog "Aula TIC" por compartilo. Espero que vos guste.
Que disfrutedes do día, e, deica mañá!

sábado, 3 de decembro de 2011

UN CONTO PARA REFLEXIONAR

Ola rapaces! O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Pesoas con Discapacidade, por isto, amiguiños, quería compartir con vós este fantástico conto que relata a historia de Lorenzo. Un conto para facernos pensar...

mércores, 23 de novembro de 2011

REFRÁNS, POEMAS, ADIVIÑAS E COUSAS DO OUTONO...

Ola rapaces! 
Estiven a ler as vosas poesías, adiviñas e refráns do outono, que cousas taaan bonitas fixestes. Tamén vin que os pequenos decoráchedes fermosos cogomelos, esquíos, ourizos, e demais amiguiños do outono. Que bo traballo! Estou a colocalos todos nunha paisaxe de outono coa que decoraremos o noso recuncho, a biblioteca, pero ata entón, aquí tedes un pequeno vídeo coas vosas creacións. Moitas grazas a vós e ás vosas familias ratiños e ratiñas lectores! Nuns días poderedes ver o mural con todas as vosas creacións na biblioteca, avisareivos en canto estea listo.