A semana pasada visitounos Alouette Machine, unha imprenta itinerante que recupera a técnica artesanal da tipografía. Dentro do proxecto de Biblioteca Creativa, realizamos un obradoiro práctico no que participou todo o alumnado do centro, desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria.
Durante a actividade, as nenas e nenos puideron experimentar co deseño e a impresión manual, empregando letras de madeira e tintas sobre papel. Cada grupo achegou a súa creatividade para contribuír á decoración dun novo espazo común no centro, pensado para favorecer a cohesión de grupo, o benestar emocional e a convivencia.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que mesturou expresión artística, traballo colaborativo e aprendizaxe significativa. Moitas grazas a Alouette Machine por acompañarnos nesta aventura creativa!
Tedes máis vídeos no Instagram do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario