mércores, 9 de outubro de 2024

Mochilas viaxeiras

 Ola familias, como todos os anos, xa están en marcha as nosas mochilas viaxeiras. Conteñen libros, cd de música e un diario donde deberán recoller mediante debuxos, resumos, fotos... de aquelas lecturas que máis lles gustaron. 

A mochila tamén contén unha nota informativa con todos os pasos a seguir para o seu coidado e a súa devolución no prazo indicado.

Sen máis, esperamos que gocedes da lectura por pracer, e non esquezades enviar unha foto da vosa lectura en familia.

Moitas grazas pola vosa participación 😊

 


Outras das novidades que conteñen as mochilas é o caderno de recollida de tradición oral e popular, que sairá a cada unha das vosas casas para que, xunto cos maiores, recollades todo eso que é noso.


E por último, para quen o solicite nos recreos de bibliopatio, poderá levar a casa unha mochila de debuxos, creativa ou de xogos de mesa

Ningún comentario:

Publicar un comentario